Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Manuel Antelo: "O BNG de Vimianzo baséase nun concepto de servizo público aos cidadáns"

Manuel Antelo: "O BNG de Vimianzo baséase nun concepto de servizo público aos cidadáns"
Manuel Antelo alcalde e candidato do BNG de Vimianzo

Tras 4 convulsos anos de goberno, Manuel Antelo afronta a renovación da súa alcaldía como candidato do BNG nas eleccións municipais do 24 de maio de 2015. Un BNG que rompía 28 anos de goberno socialista, criticando ademais as vellas políticas caciquís do ex alcalde.

Parece que as sensacións son boas, ou alomenos así o indica a resposta veciñal. Antelo buscará mellorar os seus 4 concelleiros para ter unha meirande estabilidade no poder.


  • QPC: Con que obxectivo afronta a súa lista estas eleccións do 24M?
O obxectivo co que nos presentamos ás eleccións municipais é lograr unha maioría absoluta que nos permita desenvolver o noso programa sen trabas. Un programa moi centrado en mellorar as condición de vida do ámbito rural para intentar frenar o éxodo de xente, dinamizar a economía e crear emprego, potenciando os servizos municipais para poñre as condicións necesarias  para mellorar as condicións de vida mediante a creación de infraestruturas, mellora das existentes, promoción da cultura e do deporte e do benestar social para comsolidar o cambio político por un Vimianzo mellor.
  • QPC: Afronta as municipais cunha lista moi semellante á do 2011. Cales son os puntos fortes do seu equipo?
O principal punto forte que nos define é o concepto de servizo público aos cidadáns, sempre na defensa do interese público. Trátase dunha lista de xente honesta e honrada, con capacidade e ilusión para seguir gobernando Vimianzo. Nela están representadas todas as parroquias, todas as idades e todos os sectores da sociedade, movemento asociativo, profesionais, do mundo agrario, pensionistas, estudantes, … Lista do BNG de Vimianzo 2015
  • QPC: Foron 4 anos nos que as denuncias e os xulgados foron máis protagonistas que as boas novas en Vimianzo. Cales cre que foron as causas?
En Vimianzo houbo dúas realidades nestes catro anos. Por un lado a virtual, de carácter propagandístico da oposición que se dedicou a xudicializar e denunciar a vida municipal creando unha mala imaxe do goberno e do concello de Vimianzo. E por outro lado estaba a relidade que percibían a cidadanía no día a día, con iniciativas positivas para a mellora da calidade de vida dos vimianceses e vimiancesas. Iniciativas como a humanización e modernización da vila de Vimianzo, coa mellora e promoción do ámbito rural, mellora de vías e redes de saneamento, con investimento e promoción da cultura e do deporte, diversificando a actividade municipal facendo que máis de 1000 persoas participasen na programación cultural e deportiva; co descubrimento de talentos artísticos de Vimianzo; con impulso do benestar social. Un concello integrado a nivel comarcal e supracomarcal, con diferentes convenio cos concellos da Costa da Morte, coma o obradoiro de emprego con Zas e Camariñas, ou a limpeza do río Grande co concello de Zas. E con diversos concellos da Costa da Morte por exemplo no ámbito deportivo coas andainas, as carreira populares, etc.
  • QPC: Cales cren que son as eivas máis grandes no seu concello?
A principal eiva foi a que nos deixou o anterior goberno, un concello axfisiado economicamente que hoxe se atopa saneado, solvente economicamente, pagando aos provedores a menos de 30 días. Un concello con grandes eivas no mundo rural que atopamos moi abandonado, cun saneamento moi limitado,  e niso estivemos traballando e seguiremos traballando para mellorar. E sobre todo deixaron unha eiva na autoestima da sociedade, que viu como se foron perdendo servizos comarcais, sen un horizonte de progreso.
  • QPC: Cal é o proxecto do que fai bandeira e a que partida orzamentaria adicará máis cartos?
Hai varios proxectos dos que facer bandeira, sendo importantes por igual: a mellora do mundo rural;  a potenciación do parque empresarial loitando para que o prezo do solo empresarial iguale os prezos da Xunta de Galicia e non duplique ou triplique o prezo doutros parques empresariais; promoción do noso patrimonio material e inmaterial; incremento da oferta cultural e deportiva para crear unhas cotas de benestar máis altas na nosa sociedade; a promoción do benestar social tanto ofrecendo servizos para os nosos maiores como a ampliación da escola infantil.
  • QPC: Tres propostas concretas, e importantes, do seu programa.
1. A rehabilitación dos núcleos rurais. 2. A construción dunha piscina climatizada, que se levará a cabo co financiamento asegurado, debido á previsión de ingresos no concello coa nova instalación de eólicas. 3. Un Castelo para a vila. Facer do castelo a porta de entrada de Vimianzo dándolle aos visitantes unha vial humanizada cos recursos necesarios para quedar en Vimianzo, apostando deste xeito pola economía local, nomeadamente pola hostalaría.
  • QPC: Como potenciará a participación cidadá no Concello?
Ademais do diálogo constante que se mantivo e se seguirá mantendo cos veciños e veciñas, apostamos polo tecido asociativo do concello, as asociacións culturais, parroquiais, deportivas, xuvenís e sociais teñen unha presenza moi importante para nós, tanto para transmitir as demandas veciñais como para a organización de actividades que sempre apoiamos. Pero no BNG temos a idea de lograr a participación da vida municipal contando coa opinión de todos os sectores da sociedade, a través da creación de consellos locias de mocidade, deporte, etc. creando unha política participativa en todos os ámbitos.
  • QPC: Como valora o traballo da oposición nesta lexislatura?
Quen debe valorar o labor da oposición son os cidadáns. Como Alcalde gustaríame atoparme unha oposición reponsable que fixera propostas, defendendo o interese dos veciños e veciñas de Vimianzo. Pero atopamos unha oposición de dicada a poñer trabas no camiño, practicando políticas de canto peor mellor. Dedicando estes catro anos a poñer denuncias en vez de facer propostas, facendo do concello de Vimianzo unha especie de lameira onde todo cabe, conseguindo danar a imaxe que se daba cara a fóra.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios