Venres. 19.04.2024
El tiempo

En marcha as obras de abastecemento de auga en Piñeiros, Paizás e Castiñeiras

Piñeiro, Paizás e Castiñeiras 3
En marcha as obras de abastecemento de auga en Piñeiros, Paizás e Castiñeiras
O Concello de Vimianzo comezou os traballos na rede de abastecemento de auga para os núcleos de Piñeiros, Paizás e Castiñeiras, por un total de 94.065,40 euros e que contan co financiamento do Plan Único da Deputación da Coruña.

Cabe destacar que nestes tres lugares, así como na estrada que os une, non existía ningún tipo de rede de abastecemento de auga. Preténdese con esta intervención, dotar do servizo a practicamente todas as vivendas que compoñen estes núcleos de poboación.

Formúlase, para isto, dar continuidade á rede de abastecemento municipal existente, que na actualidade chega ata o núcleo de Sanfíns. Tendo en conta que a presión de auga é insuficiente para dar o servizo en boas condicións, e tendo en conta a orografía do terreo, contémplase a instalación dun grupo de presión de caudal variable formado por dúas bombas no cruce de Sanfíns, que se interpoña na rede existente cara ao citado núcleo.

Canalizaranse un total de 3.147 metros con tubaxe de polietileno coas correspondentes válvulas e arquetas de aloxamento, e para o que previamente haberá que escavar unha zanxa e formalizar o recheo compacto da mesma.

Finalmente, contémplase a reposición do pavimento afectado pola execución das obras, semellante ao xa existente.

Comentarios