Xoves. 28.03.2024
El tiempo

“Martelos e lobos”, o texto recuperado polo Arquivo Provincial sobre o a revolta irmandiño do Asalto ao Castelo

FOTO ARQUIVO CASTELO VIMIANO - copia
“Martelos e lobos”, o texto recuperado polo Arquivo Provincial sobre o a revolta irmandiño do Asalto ao Castelo
O Arquivo da Deputación da Coruña adoita recoller mes a mes documentos ocultos da nosa historia. Este mes de xullo toca o Castelo de Vimianzo, recuperando o texto ”Torres de Vimianzo. Martelos e lobos” onde se describe a historia de fortaleza soneirá e narrando o contexto do conflito irmandiño.

O documento trasládanos ao ano 1472, cando o arcebispo Alonso II de Fonseca recupera a fortaleza e ordena a reconstrución por forzados irmandiños derrotados. É xusto a historia que recolle, dende 1996, a representación teatral do Asalto ao Castelo.

Pero lembra que se trata dunha vitoria efémera, pois López Sánchez de Moscoso recupéraa definitivamente no ano 1472 definitivamente, ata que 400 anos despois os lobos ceden paso aos Martelos nos escudos.

A Deputación aproveita para lembrar que a fortaleza foi adquirida polo ente provincial nunha sesión plenaria do 4 de abril de 1973, e o proxecto de restauración é asinado por Carlos Fernández-Gago Varela no ano 1978. Inaugúrase no ano 1993 e dende entón a histórica fortalea é un centro cultural vivo e dinámico.

Comentarios