Domingo. 12.07.2020
El tiempo

A misionera Estrella Arjomil recibe axuda da solidariedade vimiancesa para levar a Mozambique

A misionera vimiancesa Estrella Arjomil en Mozambique
A misionera vimiancesa Estrella Arjomil en Mozambique
A misionera Estrella Arjomil recibe axuda da solidariedade vimiancesa para levar a Mozambique

Emotiva, moi emotiva foi a XV Cea do Fame organizada por Cáritas Vimianzo o pasado venres. A misionera vimiancesa Estrella Arjomil, destinada en Mozambique, foi a protagonista, levando aos presentes a través da súa palabra e coa proxección de fotos de viaxe por Mozambique. A comprometida veciña aclarou a todos os presentes para que vai utilizar os 2.025 euros que doaron as máis de 300 persoas que asistiron á cea e que quixeron participar ca fila 0.

A cea foi todo un exercicio de concienciación: arroz, ovos, pan e auga.

Daniel Turnes, Párroco de San Vicente de Vimianzo, en nome de Cáritas Vimianzo, agradece ás persoas que adquiriron a súa entrada, ao Vía Rápida pola súa cociña e persoal, ao Concello de Vimianzo, á Asociación Castrobuxán e a cantos colaboraron co seu traballo.

A axuda vimiancesa xa vai camiño de Mozambique.

Cea Solidaria de Caritas Vimianzo para que Estrella Arjomil leve axuda a AfricaEstrella Arjomil en Vimianzo

comentarios