Xoves. 21.11.2019
El tiempo

Os montes Milleira e Gorreis volven a mans de Vimianzo

Veciños de Carantoña afectados pola ocupación dos montes de Milleira e Gorreis nunha concentración o pasado 2016
Veciños de Carantoña afectados pola ocupación dos montes de Milleira e Gorreis nunha concentración o pasado 2016
Os montes Milleira e Gorreis volven a mans de Vimianzo

Máis de 50 anos despois, a Xunta vén de devolver os montes de Millera e Gorreis ao Concello de Vimianzo. Tras varios recursos presentados por veciñanza e Concello dende 2014, a Xunta anunciaba esta semana que cancela os consorcios dos montes da parroquia de Carantoña.

Con este trámite administrativo os montes pasarán a ser xestionados polo Concello de Vimianzo, a través da fórmula de concesión de uso de dominio público para as persoas que se declaren propietarias poidan darlle uso ao monte reclamado. Esta fórmula chegou froito dun acordo entre o alcalde e a veciñanza e só falta que a Xunta de Galicia dea o seu visto e prace. Previamente necesitábase a cancelación dos consorcios para que sexa o Concello de Vimianzo a única institución que xestiona o monte.

Con esta decisión da Xunta de Galicia avánzase na resolución dun problema social que parte dos anos 60, deixando aos veciños herdeiros da corrupción franquista, cando o Estado ocupou os montes quitándollos á veciñanza ao abeiro das campañas de reforestación dos gobernos franquistas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios