Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Música, regueifa e humor na Gala Solidaria de Vimianzo

Música, regueifa e humor na Gala Solidaria de Vimianzo
Lupe Blanco regueifeira pregoeira da Festa da Pataca de Coristanco A regueifera Lupe Blanco será a a presentadora da gala O Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo acollerá este domingo 16 de decembro a Gala Solidaria 2018, organizada pola Plataforma Solidaria de Asociacións de Vimianzo e o Concello de Vimianzo. A cerimonia estará presentada pola regueifeira Lupe Blanco, quen dará paso a actuacións musicais e humorísticas de artistas locais, entre as que haberá algunha sorpresa. Durante o transcurso da gala sortearanse un máis de 100 agasallos. As entradas poderanse mercar anticipadas na Casa da Cultura ao prezo de 3 euros. A recadación será entregada, de maneira íntegra, a Cáritas e a Cruz Vermella.  Por outra parte, a parte solidaria do evento tamén consiste na recollida de alimentos en igrexas, tendas de alimentación e centros de ensino.

Comentarios