Xoves. 22.04.2021
El tiempo

Novo investimento en Vimianzo para a rede de abastecemento de auga de Piñeiros, Paizás e Castiñeira

Vimianzo 2
Novo investimento en Vimianzo para a rede de abastecemento de auga de Piñeiros, Paizás e Castiñeira

O Concello de Vimianzo adxudicou os traballos na rede de abastecemento de auga para os núcleos de Piñeiros, Paizás e Castiñeiras, por un total de 94.065,40 euros e que contan co financiamento do Plan Único da Deputación da Coruña.

Cabe destacar que nestes tres núcleos, así como na estrada que os une, non existen ningún tipo de rede de abastecemento de auga. Preténdese con esta intervención, dotar do servizo a practicamente todas as vivendas que compoñen estes núcleos de poboación, continuando o que chega ata o núcleo de Sanfíns.

Canalizaranse un total de 3.147 metros con tubaxe de polietileno coas correspondentes válvulas e arquetas de aloxamento (ademais dunha posible estaciónd e bombeo), e para o que previamente haberá que escavar unha zanxa e formalizar o recheo compacto da mesma. Finalmente, contémplase a reposición do pavimento afectado pola execución das obras, semellante ao xa existente.

comentarios