Martes. 23.04.2024
El tiempo

O BNG volve pedir no Parlamento axudas e rebaixa das parcelas do Polígono de Vimianzo

O BNG volve pedir no Parlamento axudas e rebaixa das parcelas do Polígono de Vimianzo

O BNG volve levar ao Parlamento a parálise do Polígono Empresarial de Vimianzo. Carlos Aymerich preguntou por cales foron as consecuencias dos acordos asinados en novembro de 2009, aprobados por uninimidade no Parlamento, para axilizar a instalación de empresas no polígono.

Ademais se o Plan Revive da Costa da Morte prantexa algunha solución ao problema, ou se a empresa semipública SEA ten previsto ceder os terreos ao Concello para que sexa este o que execute novas medidas de promoción económica.

Así, o O BNG propón ao Parlamento unha Proposición Non de Lei para que inste á Xunta a promover, a través de axudas directas e da rebaixa do prezo das parcelas, a instalación de empresas nos polígonos industriais da Costa da Morte, en particular no de Vimianzo.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios