Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O castelo de Vimianzo amplía a Mostra de Artesanía ao Vivo

O castelo de Vimianzo amplía a Mostra de Artesanía ao Vivo
mostra-artesania-vimianzo Unhas veciñas de Vimianzo farán en vivo sombreiros, pendentes, pulseiras, xarróns,... realizados con palla de trigo e de centeo A Mostra de Artesanía ao Vivo do Castelo de Vimianzo amplía a súa oferta cunha nova incorporación. Trátase de "Arte en Palla" da man dunhas veciñas de Baíñas que recuperan así o traballo de trenzado de palla de trigo e centeo. Ademais dos emblemáticos "sombreiros de rabos" ou "sancosmeiros" - dos que ainda se poden ver algúns pola zona - presentarán novas creacións que van dende pendentes ou pulseiras ata xarróns e potes. Onte xa comezaron a traballar na vivenda. A artesanía vivirase intensamente durante este mes de agosto e setembro con diferentes actividades e obradoiros nos que os visitantes poderán converterse en artesáns por un día. A Mostra pode visitarse de martes a domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/a-artesania-manten-vivo-o-castelo-de-vimianzo/ Fonte  

Comentarios