Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo aforra un 20% na factura da luz en seis meses

O concello de Vimianzo aforra un 20% na factura da luz en seis meses
enerxia-verde-vimianzo E. nova Enerxía é a empresa encargada do subministro eléctrico que emprega enerxías 100% renovables Despois de que E. nova Enerxía - unha empresa de comercialización da enerxía eléctrica de capital galego - gañase o concurso do subministro de electricidade, o concello de Vimianzo acadou nos últimos seis meses do ano pasado máis de 23.000€, case un 20% con respectos as condicións que tiña anteriormente contratadas. Ademais, esta empresa garante a procedencia en orixe da mesma de enerxías 100% renovables polo que, a día de hoxe, o concello vimiancés consume toda a enerxía eléctrica procedente de fontes renovables. Neste aforro inclúense diferentes racionalizacións realizadas sobre a contratación: redución do número de puntos de subministro e optimizacións de potencia. Pola contra, non se incorporan nos resultado de aforro os cambios de lámpadas máis eficientes que se realizarán ó longo do 2018. Tendo en conta todo isto o concello de Vimianzo prevé un aforro para este ano de máis de 60.000€ na factura eléctrica. O alcalde, Manuel Antelo, está satisfeito con este aforro e incide na súa importancia, xa que nun contexto no que o prezo da luz aumenta, o concello de Vimianzo, grazas ao control e á optimización dos recursos paga 4000€ menos ao mes de factura eléctrica. Con todo o alcalde anuncia que se seguirá traballando para racionalizar o consumo eléctrico e aforrar nos recursos que o Concello destina e este servizo. Continuarase traballando na optimización dos sistemas de iluminación cambiando aqueles que máis consumen por outros máis eficientes. Outras melloras O rexedor cualifica os resultados deste concurso público como moi positivos xa que o aforro é algo contrastable, tan só no que é o prezo que paga o concello pola electricidade coa comercializadora E.nova Enerxía,. Pero ademais, a empresa asesora ao concello na racionalización dos puntos de subministro eléctrico e nas potencias e reduciu enormemente o volume de facturas, e polo tanto o traballo do departamento económico. Outra das melloras que introduciu a empresa á un portal de transparencia para que o concello teña acceso aos consumos e facturas, por diferentes categorías e tipos, sendo unha ferramenta notable para o estudo dos consumos e a planificación estratéxica do consumo enerxético. Outras das novidades que introduciu a empresa E.nova Enerxía, na súa relación co concello de Vimianzo é garantir a procedencia da enerxía total de fontes renovables. “En Vimianzo aforramos na factura eléctrica 4.000€ ao mes e consumimos só enerxía renovable”, di o Alcalde. Fonte

Comentarios