Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo organiza unha charla informativa sobre o parque eólico Miñón

O concello de Vimianzo organiza unha charla informativa sobre o parque eólico Miñón
Hoxe ás 21:00 horas terá lugar na Casa da Cultura de Vimianzo unha xuntanza informativa sobre o futuro parque eólico Miñón que afectaría a varios montes das parroquias de Salto, Bamiro e Tines. A reunión, organizada polo concello vimiancés prodúcese despois de que a empresa Greenalia Wind Power anunciara a través do DOGA a ocuparación de preto de 400 parcelas destas parroquias para instalar 7 xeradores con máis de 24 Mw de potencia. O anuncio publicouno sen poñerse previamente en contacto nin co concello nin cos propietarios dos terreos, unha decisión nada acertada para o goberno municipal vimiancés. Esta mesma empresa ten en marcha varios proxectos deste tipo na comarca, o trío de polémicos parques de Coristanco, Carballo e Santa Comba) e outros tres nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas, e Laxe.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-concello-de-vimianzo-lamenta-o-proceder-de-greenalia-arredor-do-parque-eolico/ https://quepasanacosta.gal/hoxe-crease-unha-plataforma-de-afectadasos-polos-parques-eolicos-do-campelo-bustelo-e-toural/  

Artigos relacionados

Comentarios