Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo pecha o ano 2017 sen facturas fóra de orzamento

O Concello de Vimianzo pecha o ano 2017 sen facturas fóra de orzamento

É a primeira vez na última década que o Concello de Vimianzo consegue rematar o exerciciosen facturas na conta 413, aquela que recolle o gasto feito sen orzamentar. No último exercicio do anterior goberno de Rodríguez Lema computaronse 239.758,33€ en facturas por gasto feito fóra de orzamento, que se aprobou polo Pleno en 2012, con cargo a ese orzamento. Isto, segundo o actual grupo de goberno, "supuxo un lastre continuado que veu afectando negativamente ao orzamento de cada ano, en torno a esa cantidade". Despois das eleccións de 2015 o goberno de Manuel Antelo marcouse como obxectivo reducir ese déficit para normalizar o orzamento anual, e cubrir, co mesmo, o gasto anual sen restarlle gastos do exercicio anterior. O último recoñecemento extraxudicial de crédito aprobouse este ano por un total de 50.732,53€ por gasto correspondente a 2016. Por primeira vez nesta década, pechamos un exercicio sen gasto no orzamentado. Isto, permite contar con todo orzamento previsto para os gastos de 2018, sen  déficit por gastos do exercicio anterior.

Por outro lado, o Orzamento de 2017 tivo unha excecución de perto do 80%. A parte que non se gastou debeuse a dificultades na obtención de autorizacións sectoriais (Patrimonio, Augas de Galicia) para levar a cabo a execución das obras previstas neste ano.

Outro dato interesante é o gasto de persoal e os gastos correntes, que teñen que ver coa prestación dos servizos básicos, presentan unha execución de entre o 86 e o 95%.

Estes datos mostran unha execución do orzamento de gastos moi completa, prudente e responsable.

No apartado de ingresos recadáronse o 95% dos impostos indirectos e as taxas medraron un 15%, froito, fundamentalmente, da regularización do Servizo de Augas coa revisión e instalación de contadores, o que supuxo un aumento importante no Padrón de augas. Esta regularización supuxo  facturar consumos de auga que, por diversas causas, se viña consumindo sen control municipal.

Fonte

  • Redacción de QPC

Comentarios