Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo queda provisionalmente sen interventora e secretaria

O Concello de Vimianzo queda provisionalmente sen interventora e secretaria

Queda o Concello de Vimianzo provisionalmente sen dúas pezas fundamentais en calquera estamento público. A secretaria e a interventora xa nos pasaron hoxe polo Concello logo de que o alcalde Alejandro Rodríguez non renovase o seu informe de continuación.

O Concello vimiancés atópase pendente do pago do crédito da Casa da Cultura. E a falta destes dous postos é fundamental para a trasparencia nun concello en tanto que son as únicas figuras que poden fiscalizar a labor do Concello.

Con todo, o alcalde asegurou que hoxe mesmo viaxaría a Santigo para solicitar, en persoa, novos funcionarios.

Críticas dende o BNG

O primeiro que manifesta a súa disconformidade coa decisión é o BNG vimiancés. Antelo asegura que "Detrás deles están os apuros por cobrar o sobrecuste da Casa de Cultura". Así, indica que "Os ceses da Secretaria e da Interventora do concello de Vimianzo responden ao interese do alcalde por facer efectivo canto antes o cobro da factura de sobrecuste das obras da Casa de Cultura por parte da empresa do seu irmán".

Sinala que "con esta decisión, o alcalde pon en precario os servizos de asesoramento xurídico e económico da corporación". Ademais, o BNG ten palabras para o PSOE "por avalar estas decisións dende o goberno municipal, e funcionar como “criados” do alcalde".

“Podendo irse como un señor, Alejandro escolle largarse como un marrulleiro pola porta falsa”, sentencia o voceiro do BNG.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios