Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo reclámalle á Consellaría de Educación que manteña aberta a Escola Unitaria de Carnés

O Concello de Vimianzo reclámalle á Consellaría de Educación que manteña aberta a Escola Unitaria de Carnés
Non ao peche da Escola de Carnes

A Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia xa ten recibido as 100 cartas dos pais e nais dos cativos de Carnés. E hoxe recibirá un escrito do Concello de Vimianzo, no que lle reclama que manteña aberta a Escola Unitaria de Carnés.

Segue así a loita vimiancesa por manter aberta o centro educativo, que obrigará a alomenos 6 nenos a cambiar de escola. Tendo en conta a listaxe de adxudicacións provisionais de primaria e comprobando que nesa listaxe non aparece ningún docente destinado á Escola de Educación infantil de Carnés, dende o Concello de Vimianzo reclámanlle á Consellaría que corrixa esa listaxe de adxudicacións e destine un docente para a Escola Unitaria de Carnés, unha vez verificado mediante documentos oficiais que o número de alumnos matriculados nese centro para o vindeiro curso é de 6 e non de 5 como apuntaron dende a Consellaría.

O Concello de Vimianzo apoia as demandas dos pais e nais reclamando que se manteña aberta a Escola Unitaria de Carnés para o vindeiro curso, neste sentido ademáis de participar nas mobilizacións e acompañar aos pais e nais na entrega de postais dirixidas ao Sr. Conselleiro de Cultura e Educación reclamándolle este feito, dende a Alcaldía dirixíronse distintos escritos a Consellaría de Educación reclamando que o centro de ensino continúe aberto para o vindeiro curso e solicitouse, por diversos medios, unha entrevista co Director Xeral de Centros da Consellaría, solicitude que, de momento, non foi atendida.

Novas relacionadas

Máis novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios