Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O PP de Vimianzo incorpora a Kiko Calzas na súa lista para as eleccións municipais do 2019

O PP de Vimianzo incorpora a Kiko Calzas na súa lista para as eleccións municipais do 2019
kiko-calzas-pp-vimianzo Raquel Rodríguez encabezará a lista do PP vimiancés á que vén de sumarse Kiko Calzas Co seu obxectivo de contar cun “amplo e variado” grupo de persoas que representen a todos os sectores - social, cultural, deportivo e económico-, o Partido Popular vén de dar a coñecer unha nova fichaxe para as súas listas: Kiko Calzas. Desta forma, Raquel Rodríguez encabezará para as #ElecciónsMunicipais2019 unha lista á que tamén se sumou recentemente Roque. En palabras de Digo Calvo, esta nova incorporación supón un “notable impulso” para o PP de Vimianzo, ao que cualificou como o “único proxecto serio” para que Vimianzo poida saír do “letargo” en que se instalou durante os últimos anos. Kiko Calza forma parte do equipo de servizo do 061, ademais de estar vinculado á actividade cultural e deportiva e de residir no núcleo de Vimianzo. Pola súa banda, Raquel Rodríguez agradeceu a “xenerosidade e o compromiso demostrados por unha persoa que chega con ganas de traballar sen descanso para convencer aos veciños de Vimianzo de que o Partido Popular é a única opción seria de goberno”. Portas abertas O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, aproveitou a presentación de Calzas para insistir na idea de que a súa formación ten “as portas abertas” para todas aquelas persoas que estean polo labor de “sumar e achegar ideas”, e asegurou que Calzas é un “exemplo” de todo iso. “No Partido Popular temos demostrado sempre que traballando xuntos e unidos somos capaces de alcanzar calquera obxectivo. Aquí en Vimianzo partimos co reto de gañar as eleccións e de gobernar e estou seguro de que se están dando os pasos correctos para logralo”, concluíu Calvo.   Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/roque-unese-as-filas-do-pp-de-vimianzo/ Fonte

Comentarios