Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PSdG de Vimianzo celebrou a súa reconciliación no inicio da carreira das municipais

O PSdG de Vimianzo celebrou a súa reconciliación no inicio da carreira das municipais
Presentación da nova lista de unidade do PSdG de Vimianzo Como fixo o PP coa presentación dos candidatos do PX de Corcubion, o PSdG tamén lanzaba o pistoletazo de saída da carreira das eleccións municipais de maio de 2019. Facíao en Vimianzo, na inaguracion do novo local do partido, nun acto que servíu para respaldar a a Mònica Rodríguez como a candidata á alcaldía de Vimianzo, e para ratificar a unión da familia socialista vimiancesa, rota tralas tramas xudiciais que empañaron o final da carreira de Alejandr Rodríguez, tío da actual candidata, que levaron á creacion do partido Independientes por Vimianzo, cerrado así con esta “reconciliación”. Lage Tuñas estivo no acto e suliñou que o “proxecto socialista volverá a ser maioritário en Vimianzo, con propostas e ideas para mellorar a vida dos veciños deste concello. Faremos unha campaña limpa”. A asemblea celebrada o mesmo día valeu de presentación de Jaime Vidal, como novo Secretario de Organización, e tamén a incorporación de máis de coarenta novos afiliados, despois de 8 anos no bando independiente. Mónica Rodríguez PSOE anunciou onte durante a súa unha campaña “en positivo, con programa de presente e futuro para o concello de Vimianzo”, valorando a “reconciliación”, un feito que tamén destacou Paula Mouzo, a anterior candidata que ten a ben recibir deixarlle paso a Rodríguez polo ben do partido. José Manuel Pequeño Castro, fixo unha sentida intervención, visiblemente emocionado ao ver que se conseguía a reconciliación da familia socialista en Vimianzo, e aproveitou para recordar que “a maior parte dos equipamentos que ten hoxe Vimianzo fixeronse da man dos socialistas no goberno de Vimianzo, con Alejandro Rodríguez Lema”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-psoe-e-ixvimianzo-unen-forzas-con-monica-rodriguez-como-candidata/ https://quepasanacosta.gal/varias-novidades-entre-os-candidatos-do-pp-as-alcaldias-dos-concellos-do-px-de-corcubion/

Comentarios