Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PSOE e IxVimianzo unen forzas con Mónica Rodríguez como candidata

O PSOE e IxVimianzo unen forzas con Mónica Rodríguez como candidata
PSOE e IxVim unen forzas, con Mónica Rodríguez, no centro, como cabeza de lista O PSdeG-PSOE vén de acordar a reunificación da familia socialista de Vimianzo coa integración do grupo de Independientes por Vimianzo. O acordo inclúe a candidatura de Mónica Rodríguez, ata agora líder dos independientes e coa política no sangue, como candidata. Paula Mouzo, voceira do grupo socialista e peza clave na negociacion, será a secretaria local. Dende o pasado mes de marzo leva a cúpula provincial socialista intentando reunificar ao grupo independiente que nacía despois da expulsión de Alejandro Rodríguez, despois de dúas décadas de alcaldía, do PSOE polas súas imputacións. Un grupo socialista que busca a súa estabilidade despois dos problemas xudiciaisnde Alejandro, da marea provocada por Roque no seu día (hoxe no PP) e tras varias eleccións con pouco protagonismo. Na oficializaciòn do acordo participaron o coordenador comarcal dos socialistas da Costa Atlántica, Manuel “Lalo” Insua (alcalde de Corcubiòn); José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbria e Presidente provincial; Paula Mouzo como secretaria do PSOE de Vimianzo; Mònica Rodrìguez, en representación de IxV, José Manuel Lage Tuñas, Secretario Provincial de Organizaciòn, Bernardo Fernández, Vicesecretario Provincial e Valentín González Formoso, Presidente da Deputaciòn da Coruña e Secretario Xeral dos socialistas coruñeses. Paula Mouzo expresou a súa satisfacción polo acordo “o que permitirá reunificar a todo o socialismo de Vimianzo” e indicou que “sempre puxen os intereses de Vimianzo e do meu partido por riba de calquera interese persoal, son unha persoa de partido e creo que éste acordo é moi positivo”. Mouzo eloxiou a Mònica Rodríguez, da que destacou “a súa valía e capacidade de liderazgo”, explicando que “será unha magnífica candidata”. Mònica Rodríguez, sobriña do mítico ex alcalde, manifestouse “tremendamente satisfeita” pola reunificación do socialismo vimiancés, “para o que desde este mesmo momento me poño a disposición do PSdeG-PSOE para preparar as elecciòns municipais e poder ofrecerlle aos veciños e veciñas de Vimianzo un proxecto de cambio que traia aire fresco ao noso pobo”. Mònica Rodriguez manifestouse agradecida “pola xenerosidade do Partido e especialmente por parte de Paula Mouzo, que en todo momento colaborou coa executiva provincial para facer posible este acordo”. Asume como un reto “ser a candidata á alcaldía, pero contando cun gran equipo, incorporando a moitos veciños e veciñas a este proxecto”. Novas relacionadas

Comentarios