Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Simposio do Megalitismo reclama máis políticas para coidar o patrimonio

O Simposio do Megalitismo reclama máis políticas para coidar o patrimonio
Inauguracion do Simposio do Megalitismo de Vimianzo 2015Inauguracion do Simposio do Megalitismo de Vimianzo 2016 Inauguracion do Simposio do Megalitismo de Vimianzo

Vimianzo é, máis que nunca, a Capital galega do Megalitismo. Se durante todo o ano Vimianzo é un dos lugares con máis monumentos megalíticos de toda Galicia, esta fin de semana é o verdadeiro epicentro desta ciencia. O II Simposio “O megalitismo da Costa da Morte no seu contecto atlántico” xunta estes días a máis de 90 persoas inscritas (entre elas 35 profesores), toda unha marca para un evento destas características.

O venres tiña lugar a inauguración e as primerias ponencias. Foron Manuel Muíño (alcalde de Zas e Deputado provincial), Manuel Antelo (Alcalde de Vimianzo), Antón R. Casal (catedrático da USC e coordinador cientìfico do Simposio) e Xosé María Lema (presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte), os que abriron o telón. Un Simposio que comezou reivindicativo, reclamando máis políticas de posta en valor e protección para os monumentos, incidindo no desenvolvemento do Parque do Megalitismo, proxectado fai máis dunha década e paralizado, hoxe en día, pola Xunta de Galicia.

En clave local, Manuel Antelo explicou as liñas básicas que están a desenvolver dende o Concello de Vimianzo, centradas en dar a coñecer os monumentos entre a poboación para contribuír a súa protección e a súa posta en valor.
De maneira concreta pódese salientar a Ruta dos Dolmens, sinalizada e da que se acaban de editar uns folletos informativos en galego, castelán, inglés e francés, os esforzos por parte do goberno municipal para adquirir a propiedade das parcelas nas que se atopan os monumentos megalíticos e a inclusión dos dolmens de Vimianzo no Itinerario cultural europeo do megalitismo.

Unha singular lembranza

O acto de inauguración rematou con lembranzas para o investigador Roberto Mouzo Lavandeira, falecido fai tres anos e cualificado como unha peza fundamental para a investigación e a posta en valor do megalitismo da Costa da Morte.

Unha Sala con historia

Sala de exposicions Anton Mouzo con historia megalitica

Na Sala de exposición Antón Mouzo poderase visitar unha exposición do SEMESCOM que fai un percorrido polos dolmens da Costa da Morte.

Ponencias de primeiro nivel

O mestre Lema Suarez cos xacementos de Vimianzo O mestre Lema Suarez cos xacementos de Vimianzo

Foi o catedràtico da USC Roberto Fàbregas o que abriu a veda das ponencias, repasando á situación do megalitismo galego no día de hoxe.

Xosé Mª Lema Suárez, o gran mestre local, presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, falounos da contorna histórica, natural, artística e cultural dos dolmens da Costa da Morte, e deu conta de por que Vimianzo é referencia na materia.

O arqueólogo Manuel Lestón explicou as últimas intervencións arqueolóxicas e a musealización do dolmen de Dombate, que tiveron a súa polémica.

Foi Mar Llinares, a carnotá da USC, a que pechou a xornada do venres falando da estreira relación entre os monumentos megalíticos e a mitoloxía popular.

Manolo Lestón coas excavacions Dolmen de Dombate Manolo Lestón coas excavacions Dolmen de Dombate Mar Llinares fala de mouros e lendas Mar Llinares fala de mouros e lendas

Sábado reivindicativo, ollando ao futuro

Miguel Carrero, Alia Vàzquez e Benito Vilas copia Miguel Carrero, Alia Vàzquez e Benito Vilas Practicamente todos os poñentes que participaron na segunda xornada do Simposio, tamén reclamaron das administracións a posta en valor e a protección dos monumentos megalíticos. A xornada de sabatina comezou coas intervencións de Miguel Carrero Pazos, Alia Vázquez Martínez e Benito Vilas Estévez, que nos achegaron as últimas técnicas utilizadas polos arqueólogos no estudo e na identificación do partimonio megalítico. Faláronnos de técnicas fotogramétricas, que nos permiten comprobar as estruturas que existen nunha área ampla eliminando a vexetación. Faláronnos tamén de modelado en 3D, unha técnica de estudo moi pouco invasiva e cun resultados execepcionais. Para rematar achegáronnos a arqueoastronomía, unha disciplina que nos pode axudar a explicar a situación dos dolmens e das mámoas. Fenando Carrera Ramírez, da Universidade de Vigo, achegounos as pinturas que, con distintos estados de conservación, presentan practicamente todos os dolmens da Costa da Morte. En concreto falou da riqueza pictórica dos dolmens de Vimianzo, Pedra Cuberta, Pedra Moura de Monte Carneo e Pedra da Lebre. A xornada de mañá rematou coa intervención do profesor da USC Antón Rodríguez Casal explicou a importancia dos idoliños ou santiños que aparecen como gardiáns dol dolmens. Na xornada de tarde Goretti Sousa, da Escola Superior Gallaecia de Vila Nova de Cerveira, achegounos ao patrimonio megalítico da zona norte de Portugal. Mesa redonda do Simposio do Megalitismo de Vimianzo Mesa redonda do Simposio do Megalitismo de Vimianzo Na mesa redonda coa que se pechou a xornada de hoxe interviron Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, Xosé María Lema, presidente do SEMSCOM, Cesar Abella, da empresa TRIVIUM, e Iñaki Vilaseco, técnico do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia, moderados por Xan Fernández Carrera. Nesta mesa redonda insistiuse na importancia da conservación do patrimonio megalítico. Antelo explicou as medidas que dende o Concello de Vimianzo se levan desenvolvido para a posta en valor dos monumentos megalíticos (sinalización, limpeza dos accesos, etc) e anunciou as xestións que se están a facer dende o Concello de Vimianzo para adquirir a propiedade do Dolmen de Pedra da Arca ou Casa dos Mouros. Xosé María Lema destacou a importancia que o SEMESCOM tivo para a conservación e aposta en valor do patrimonio megalítico da Costa da Morte, a través da publicación de libros e folletos explicativos e da elaboración da exposición sobre as antas da Costa da Morte, que leva percorridos, practicamente, todos os centros de ensino da comarca. César Abella, explicou a inciativa coa que colabora co Concello de Vimianzo para incluír os dolmens da Costa da Morte no Itininerario cultural europeo do megalitismo. O representante da Xunta, Iñaki Vilaseco, destacou a importancia dos dolmens de corredor na Costa da Morte para situar aquí o Parque do Megalitismo que non executou, segundo as súas declaracións, debido á crise económica.

Domingo, día de visita

Visita aos dolmes de Vimianzo 2 O domingo foi tempo para visitar os dolmens de Pedra da Arca, Arca da Piosa, Pedra Cuberta e Dombate. O momento máis emocionante, o recital in situ co poeta ceense Miro Villar. Visita aos dolmes de Vimianzo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios