Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O TSXG ordena repetir un concurso-oposición no Concello de Vimianzo

O TSXG ordena repetir un concurso-oposición no Concello de Vimianzo
Que os procesos de seleccións internos nos concellos de todo o páis son algo pouco transparente, a día de hoxe, é algo asumido pola poboación da Costa da Morte e de toda Galicia. Ata as oposicións abertas moitas veces fanse á medida dalgún familiar da secretaria, da parella do concelleiro de turno... Esta semana coñecemos que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordenou ao Concello de Vimianzo a repetir unha proba de selección de auxiliar administrativo no marco da oferta de emprego público do 2006. A proba fóra anulada polo TSXG no 2007, tras unha denuncia dun dos aspirantes á praza, pero ante o recurso interposto polo concello o traballador mantén o posto dende aquela. A proba terá que volver realizarse agora.

Oposición ou concurso oposición?

É aí a cuestión. Se ben a xustiza permitía ata o de agora a contratación mediante un concurso-oposición para unha praza na administración local, o TSXG vén de fallar que o sistema selectivo ordinario para entrar debe ser a clásica oposición . Con todo, a meirande parte dos concellos, ben por aforro burocrático ou por convenencia, utilizan unha e outra vez o sistema menos transparente. Pero é nese limbo que permite ás administracións locais convocar un concurso-oposición cando os concellos comenten certas irregularidades dentro do marco legal. A falta de protocolo, a elección do Tribunal por parte do alcalde correspondente, normalmente tirando dos seus achegados e expertos en formar parte do Tribunal de selección, elección por parte do propio Tribunal dos temas dos exames, probas a porta pechada sen lectura pública... son varias as vías polas un concello pode dirixir unha contratación. Precisamente un veciño da localidade vimiancesa, enviounos unha denuncia anónima, na que asegura que o proceso de selección dunhas das prazas de técnico do concello, que está en marcha, "ten nome propio dende antes de comezar".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios