Venres. 29.03.2024
El tiempo

Obradoiros e demostracións de arte en palla, cestería e olería completan a oferta turística de Vimianzo

Obradoiros e demostracións de arte en palla, cestería e olería completan a oferta turística de Vimianzo
artesania-viva-castelo-vimianzo O Castelo de Vimianzo acollerá durante os meses de agosto e setembro distintas deostración e obradoiros de artesanía Dende esta mesma semana e ata o 15 de setembro a mostra de artesanía en vivo que acolle o Castelo de Vimianzo reforza a súa actividade para reforzar a axenda turística do concello que se suma ás actividades temáticas que se desenvolven no "Vimianzo, historia viva". Así, o Castelo de Vimianzo, como emblema e simbolo do municipio, absorve en boa parte moitas destas actividades de dinamización pensadas para achegar ao público á historia e cultura do lugar dun modo diferente. A Mostra de Artesanía en Vivo resulta un atractivo máis para coñecer a vella fortaleza, que se anima especialmente nestas datas, con obradoiros e actividades diversas. Esta mesma semana, o recén inaugurado obradoiro de "Arte en palla" ofrecerá unha demostración moi especial no patio de armas para que todos os interesados podan aprender e practicar esta manufactura. Aqueles que gosten de continuar cos trenzados artesanais o seguinte día terán a oportunidade de asistir a un obradoiro de cestería. O modelado en barro ao estilo de Buño levarase a cabo nos vindeiros domingos de forma consecutiva e deste modo, a axenda de actividades continuará ofrecendo demostracións e aprendizaxes artesanais durante o presente mes e o seguinte, ofrecendo eventos e propostas que este ano pretenden sorprender e ser máis animadas que nunca. Rematará o programa “Artesanía Viva” o 15 de setembro co desfile da Asociación de Amigos do Liño. Programa "Artesanía Viva" Agosto Xoves 9, 12:30 horas: Demostración e obradoiro de artesanía con pallo de trigo e centeo. “Arte en palla” Venres 10, 12:30 horas: Cestería tradicional. Asociación Neira Marcos, Salto (Vimianzo) Domingo 12, 11:00 horas: Modelado de Barro. Olería de Buño. Olería Lista Sábado 18, 16:30 horas: Panillada da Asociación As Nemanquiñas. Palilleiras de Vimianzo Domingo 19, 11:00 horas: Modelado de Barro. Olería de Buño . Olería Cambón Mércores 22, 11:00 horas: Asociación O Santiaguiño de Carreira Setembro Sábado 1, 16:00 horas: Demostración- obradoiro de maquetaría de barcos e artes da pesca. Chema Suárez Venres 14, 12:00 horas: Demostración de artesanía de reciclaxe coa asociación Aspadex. Domingo 15: Desfile do liño con Amigos do liño Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/o-castelo-de-vimianzo-amplia-a-mostra-de-artesania-ao-vivo/ “A artesanía mantén vivo o Castelo de Vimianzo” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios