Mércores. 24.04.2019
El tiempo

Os cruceiros tamén se limpan

Os cruceiros tamén se limpan
Cruceiro dos Santos Cruceiro dos Santos recén limpo Limpando o Cruceiro de Tines Limpando o Cruceiro de Tines

O Concello de Vimianzo levou a cabo nos pasados días a limpeza da controna dunha das numerosas xoias arquitectónicas coas que conta este municipio soneirán. Trátase do Cruceiro dos Santos, situado no lugar de Cheis, na parroquia de Bamiro. Un dos cruceiros máis antigos de Galicia, datado no século XV, de gran beleza e singularidade dada a gran cantidade de figuras talladas na súa cruz. O Concello de Vimianzo tramitou as autorizacións pertinentes ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para levar a cabo a limpeza da contorna, ademais de manter varias reunións para tratar de consensuar algunha medida de protección para esta xoia tardomedieval.

E, como cruceiros abundan en todas as parroquias, na veciña parroquia de Tines o Concello levou a cabo a restauración doutro cruceiro, situado no medio do lugar, que fora gravemente danado por un accidente cun camión, partindo a cruz o varal en varios anacos. Logo dun árduo traballo de restauración, grazas á conservación de todas as pezas por parte dos veciños, o cruceiro de Tines volve lucir maxestoso no seu lugar habitual.

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios