Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os irmandiños tamén apoian a ILP polos dereitos lingüísticos do galego no edio socioeconómico

Os irmandiños tamén apoian a ILP polos dereitos lingüísticos do galego no edio socioeconómico
Que mellor espazo que a revolta irmandiña para buscar apoios normalizadores. Deron a cara e a súa sinatura centos de irmandiños para apoiar a ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) que está impulsando A Mesa pola Normalización Lingüística. A Mesa desprazouse ata Vimianzo aproveitando a fermosa festa do Asalto ao Castelo e foron máis de medio millar as persoas que asinaron o manifesto. A xornada foi moi satisfactoria e os asistentes mostráronse moi interesados pola situación do galego no ámbito empresarial e comercial, mesmo chegaron a propoñer que a campaña se ampliase a moitos máis ámbitos alén do socioeconómico. Segundo o coordinador da ILP, Luís Pérez, esta iniciativa pretende impulsar un desenvolvemento legal que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais, xa que a súa inexistencia, malia ser o galego unha lingua cooficial en Galiza, provoca continuamente situacións de vulnerabilidade, indefensión, denegación da atención e na prestación dos servizos. A ILP xa tivo numerosos apoios por Bergantiños e continúa percorrendo o país.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios