Domingo. 17.11.2019
El tiempo

Os mil segredos das Torres do Allo

Os mil segredos das Torres do Allo
As Torres do Allo tenen as portas abertas As Torres do Allo teñen as portas abertas e agochan mil segredos Un dos pazos máis antigos de Galicia e un dos poucos que ten as portas abertas. As Torres do Allo levan recuperando a súa historia neste último ano como nunca. Atrás queda ranción aquel museo etnográfico da Neria, atrás quedan anos de esquecemento e peche. Dende xullo do ano pasado, as visitas teatralizadas promocionadas polo concello de Zas están convertindo este pazo nun dos puntos históricos máis interesantes da provincia. Así nolo conta Lucía Outeiral, a ama de chaves e a que nos guía cada fin de semana deste edificio do século XVI de estilo gótico-renacentista. Lucía déixanos ademais coas gañas de saber máis, pois nos avanza que durante as visitas se poden descubrir moitos segredos sobre como vivían os nobles naqueles tempos.

Visitas guiadas e teatralizadas

Visitas Teatralizadas as Torres do Allo-Zas Visitas Teatralizadas nas Torres do Allo-Zas Cada fin de semana de inverno, e cada día en verán, poderemos gozar coas historias da nosa guía nas visitas guiadas. De feito, pasa por ser o máis interesante, coñecer as historias que agocha á pedra da man dunha especialista. Ademais, hai que facer fincapé nesas visitas teatralizadas que tanto éxito tiveron entre o público en xeral e os escolares, nunha demostración do ben que se pode contar o noso patrimonio. "As visitas teatralizadas soen ser no verán, pero tamén intentaremos volver facer as visitas teatralizadas en Semana Santa, porque á xente gustoulle moito e aínda hai quen vén pregunta por elas". Ademais as sinerxias co Concello de Vimianzo e o Castelo poden ser moi importantes para divulgar o espléndido patrimonio soneirán.

Pedras que agochan historia(s)

Fainos Lucía, por exemplo, un cuestinario para saber de onde vén o nome das “Torres do Allo”: - “Derivado do latín "ayo" de señor, porque a familia Rioboo eran os vasalos máis achegados dos poderosos condes de Altamira?; - Derivado do latín "allium" de allo, porque ao lado están as aldeas Cebola de Arriba e Cebola de Abaixo?; - Ou derivado de “angulos" polo meandro que fai o río que pasa cerca? Para saír de dúbidas... toca visitar as Torres”, cótanos. Durante a visita, ademais destas pregunta, tamén nos contarán historias sobre persoeiros iluestres que tiveron relación co pazo, algunha tan curiosa como a gran unión que vencella a Manuel Antonio "o poeta do mar" con estas terras “alleiras”. Un dos puntos fortes da visita é coñecer de primeira man a relación de poderes naqueles tempos feudais. “Que a nobreza e igrexa sempre se levaron ben?? Nadiña de nada”, corrobora Lucía. “A pobra é tan simple como descubrir entre risas porque dende as Torres non se pode ver a Capela de San Pedro do Allo…” Mesmo hai unha interesante camiñada ata o cementerio novo, un dos poucos cubertos en Galicia.

Un balcón con moita intriga

preciosa e fina canteria do balcon barroco do XVII das Torres do Allo Cantería do balcón barroco das Torres do Allo Lucía tráenos tamén “esta preciosa e fina cantería do balcón barroco do XVII (do pouquiño de barroca da fachada que ten o Pazo)”. Un balcón que ten detrás unha historia moi de intrigas e pescudas enrevesadas e quen quera coñecela tense que acercar o pazo…” Unha curiosidade esta de falarmos dun dos poucos pazos tardo-góticos, se en Galicia case todos son barrocos. “E por que será?” E que dicir sobre a contorna natural, unha das máis fermosas de todos os pazos de Galicia. Ademais da mítica carballeira que fai de corredor para darnos a benvida “non se perdeu nin o seu souto onde no mesmo verán, a mediodía, parece que é noitiña pechada”. “Ahhh é sobre todo... se alguén quere descubrir o agocho centenario máis grande que poda imaxinar, ten que visitar a horta traseira cheíña de maceiras.” Carballeira das Torres do Allo Carballeira de benvida das Torres do Allo Torres do Allo -Zas

Cando visitar

En inverno, entrada libre e gratuita, de venres a domingo, festivos incluidos, de 11.00 as 19.00h. Visitas guiadas sempre as hai, No verán, o 15 de xuño á 15 de setembro, de 11:00h a 20:00h. “Mil segredos que se agooochan nas Torres do Allo…”   Novas relacionadas Fonte

Comentarios