Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os pinchos, a artesanía, a música e o teatro dos irmandiños asaltarán o Castelo de Vimianzo

Os pinchos, a artesanía, a música e o teatro dos irmandiños asaltarán o Castelo de Vimianzo

Xa coas Xornadas do Pincho Irmnadiño en marcha, Vimianzo se prepara para a loita. Para a loita e para xantar, xa que sespois do éxito do ano pasado na véspera do acontecemento o foso do castelo acollerá a máis de 300 persoas para cear. Pero a cita grande chega o sábado, cunha morea de propostas: pasarrúas musical e teatreiro, feira artesanal, pinchos, festival de música, teatro histórico e, sobre todo, moita troula.

Nesta festa, que se perfila dende hai anos como a máis agardada do verán na bisbarra, vólvennos a sorprender cunha orixinal idea. A representación histórica de como o pobo irmandiño, os campesiños de Soneira, se rebelan contra os seus señores e toman a fortaleza dos nobles, é a parte máis representativa da festa, e cada ano supón un novo reto.

Este ano a Cherinkas dalle de novo unha volta máis á representación: o detonante da furia labrega terá acubillo en: Praza esperanza. A lenda do aforcado. Unha adaptación da lenda de Fernando de Xinzo. Explica a historia emocionante dunha revolta contra o poder caciquil narrada por unha meiga que levará aos asistentes cara a unha verdadeira batalla campal que terá un final sorprendente.

Un gran día de festa

O sábado, o programa estará cargado de actividades na rúa. A gran novidade deste ano é unha petición que se vén arrastrando desde hai anos e que desta volta se ve realizada: O sábado 2 de xullo a vila de Soneira contará cunha feira artesanal digna de rememorar a historia.

Ademais, 13 establecementos da localidade participarán na iniciativa do “Pincho Irmandiño”. E por se fora pouco a vila encherase co espíritu do Asalto con diferentes actividades: Mostra de artesanía en vivo, Obradoiros infantís... e mesmo unha exhibición de tiro con arco. Será ao mediodía cando comece a música co baile rexional na praza do Concello. Os encargados de poñer as primeiras notas serán a Foliada de Salto e Airiños do Río Grande. A gran novidade de este ano para a tarde do evento son os espectáculos na rúa e actuacións Clown.

Xa ben entrada a tarde a praza de Castelao acollerá o Circuito Musical do Asalto con gaiteiros, percusionistas e a actuación de Dambara Burela, Requinta do Xián e Fol Baleiro. Todo isto mentres veciños e visitantes degustan os Pinchos Irmandiños polos bares e restaurantes da vila.

Todas estas actuacións continuarán no campo da festa do Asalto cos espectáculos musicais dos ferroláns Chiculate e un dos pratos fortes do evento: Berrogüetto. Eles darán paso ao Asalto ao Castelo de Vimianzo ás 12 e media da noite.

A festa continuará despois de derrocar aos señores do Castelo. Funky Style Brass, un grupo enérxico e alegre vido de Francia, e Malakatón e a súa rumba catalana subirán os ánimos dos irmandiños ata ben entrada a madrugada.

É importante destacar que a organización do Asalto pon a disposición dos visitantes unha zona de acampada, aluguer ou merca de traxes da época e servizo de cociña. Na páxina web do asalto www.asaltoaocastelo.org pódese consultar con máis detalle todo o programa e facer as reservas de merchandising.

I Feira Artesanal do Asalto

Ata 17 postos, se cadra algún máis, participará na Praza do Concello, desta primeira Feira Artesanal. Ademais, a meirande parte son da zona, chegados a través da nova asociación de artesáns "Feito a man":

Artesanía CogomeloRakel ReyMalpicaTraballos en coiro, semillas e xabróns.
O Pano EncantadoAránzazu FernándezPontecesoTraballos en telas, desde roupas ata marionetas.
Dos LunasDiego PérezA CoruñaArtesanía en coiro.
BolatolaLorena Castro e Lorena GarelCarnotaCosmética natural.
Laura GareyLaura GallardoMurosArtesanía en coiro.
BelabalúaAlicia González e Sabela LópezA CoruñaComplementos e bonecos feitos en fieltro, cartomancia.
KoncienciaPablo PenideArteixoArtesanía en madeira e cerámica, roupa étnica.
Pimpis&LampisNoelia Lema e Marta LuacesA CoruñaBroches de fieltro, diademas, roupa, bisutería e outros complementos.
Librería RogetRogetVimianzoLibros antigos.
ChiquibanaNatividad PazA Coruñasacos térmicos, xabróns, bisutería en pel e velas.
Outras LatitudesJosé Antonio GarridoO Grovebisutería en prata e pedras.
Monxo ArtesaníaJosé Ramón IyáñezAlicanteCarteiras, moedeiros, collares, pulseiras…
As BurgasLuis FilgueiraFisterraTelar.
Grabados Lydia MoroLydia MoroFisterraGravados calcográficos, pendentes, broches e pasadores.
MarloxoMartaCorcubiónQuilling e libretas e marcos de tea e coiro.
Maquetas SambadJosé SambadMuxíaMaquetas.
As MaritasMaraMuxíaCarteiras de cómic, fundas, carteiras etc.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas festivaleiras

Novas e vídeos do Asalto

Fonte

Comentarios