Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Paula Mouzo: “Imos gañar porque Vimianzo segue sendo socialista”

Paula Mouzo: “Imos gañar porque Vimianzo segue sendo socialista”
Paula Mouzo candidata do PSOE de Vimianzo

Despois dunha convulsa lexislatura, tanto a nivel de partido como a nivel municipal, Paula Mouzo toma o relevo á fronte do PSdG de Vimianzo para recuperar unha alcaldía que foi socialista durante 28 anos. Esta delineante leva espallando polo mundo unha marca de raíces soneirás, unha carpintería metálica e unha marca de mobiles. Agora quere amansar as augas dun concello revolto dende hai tempo.


  • QPC: Con que obxectivo afronta o PSdG de Vimianzo estas eleccións do 24M?

O obxectivo fundamental é que Vimianzo ten que recupear o liderazgo comarcal que nunca debeu perder. Debemos encabezar proxectos mancomunados para solventar problemas comúns como o saneamento, a recollida de lixo, equipación de dotacións sociais, o transporte público, unha boa política de comunicacións, e unha comprometida política industrial e de emprego.
Deben marcarse unhas prioridades fundamentais para mellorar os servizos dos cidadáns planificando cada proxecto minuciosamente.

Nós vimos para a gañar, somos o cambio seguro ante a situación actual, somos o partido que está comprometido ca sociedade, o partido que miramos polo mellor para o pobo a nivel social. Pensamos que imos gañar porque Vimianzo segue sendo socialista.


  • QPC: Cales son os puntos fortes do seu renovado equipo?

O equipo está composto por homes e mulleres, moi válidos, dende o número 1 ao 16, persoas comprometidas e dispostas a renunciar a moito para que Vimianzo avance, porque Vimianzo necesita un cambio en política, unha política moito máis limpa e que pense por e para os veciños.

Temos un equipo moi compensando, con xentes como o noso nº 3, Jose Antonio Miñones, unha persoa moi querida na vila, que soubo aguantar e pelexar polo equipo, que, tras 21 anos na política, segue aí, sempre apoiando as boas iniciativas para que Vimianzo medre, e sempre deixando traballar a quen o fai con compromiso.
De número 2, por exemplo, temos a José María Rocha Rodríguez, unha persoa moi traballadora, que leva moitos anos loitando polos pensionistas, polos emigrantes retornados, e é todo un líder.

Lista do PSdG de Vimianzo 2015
  • QPC: Foron anos estes convulsos a nivel municipal, onde os xulgados tiveron máis protagonista que as boas novas. Quen tivo maior responsabilidade: a falta de goberno firme ou a irresponsabilidade dos grupos da oposición?

Baixo o meu punto de vista como cidadá, neste últimos anos pensouse máis en liortas internas que facer unha política municipal pensando aos veciños, e somos os veciños os que saíron perxudicados. E iso ten que cambiar. Para min foron tan culpables o goberno como a oposición.

De feito, queremos desmarcarnos dos ex cabezas de lista, dende Roque e ata o ex alcalde Alejandro Rodríguez, e poño un exemplo claro. Hai 4 anos, Miñones e eu iamos en candidaturas diferentes nas votacións internas para escoller o candidato do PSdG que relevaría a Alejandro. Agora imos xuntos, imos da man en todo isto, sen fisuras internar e moi unidos.


  • QPC: Terá en fronte a algún que foi o seu compañeiro. Como cre que serán eses plenos?

Espero que si, e confío en que todos os partidos teñan conciencia de que hai que traballar por e para o pobo. A educación e o respecto é fundamental, e a forma de facer política ten que cambiar xa. Imos ditar unhas normas de respecto e convivencia dentro dos plenos. Vimianzo ten que ser coñecida polos bos modos e as cousas boas na cormarca, non polas liortas dentro dos plenos.


  • QPC: Cal é o proxecto do que fai bandeira e a que partida orzamentaria adicaría máis cartos?

Como partido socialista as nosas prioridades sempre serán ás políticas sociais. Vimianzo ten que recuperar o liderazgo en materia de servizos sociais. Hai que traballar moito ca Xunta, aumentando a asistencia a domicilio, creando un importante Plan de Emprego para axudar á xente que ten dificultades para a inserción laboral. Ademais, hai que aproveitar ese Plan e relacionalo plan co acondicionamento de vías e outras obras. Apostaremos tamén por un Obradoiro-Escola.


  • QPC: Tres propostas concretas, e importantes, do seu programa.

Potenciaremos o parque empresarial, para que sexa máis accesible, fomentando novos empregos.

Temos un forte sector grandeiro, e o axudaremos de forma directa. Pediremos unha oficina agrícola para Vimianzo, con asesoramento directo e con charlas directas bimensuais.

Apostaremos pola baixada de varios impostos, como o IBI ou ICI, e marcar un rexistro para fomentar que haia máis obras por parte dos veciños e empresas, sen discriminación.

E por suposto, apostaremos polos Servizo mancomunados. De feito, vaise facer unha piscina cuberta mancomunada cos concellos da volta.

Hai que pensar no Vimianzo nos anos vindeiros, non só no presente, e por iso levamos no lema “Por un Vimianzo mellor”.


  • QPC: Como potenciará a participación cidadá no Concello?

Impulsaremos a figura do alcalde de barrio, unha figura de cada parroquia que terá voz en cada pleno, con fin de achegar as peticións dos veciños, que serán estudiadas e solucionadas, e daráselle contestación. O representante será elixido polos veciños da parroquia, e cada mes ou dous meses percorrerá todas as casas para escoitar aos veciños. Sempre estaremos en contacto directo con todas as asociacións de veciños, gandeiros, empresarios… para que as demandas dos cidadáns sexan sempre escoitadas e estudiadas.


  • QPC: E falando de pactos, ve posibilidade de facer pacto de goberno con algunha das forzas do amplo espectro político vimiancés.

Estamos en plena campaña electoral, e o pacto que temos é cos veciños. Non estamos pensando en pactos, porque imos ser os que gañemos.

En todo caso, sabemos que normalmente cando hai pactos encérranse 2 ou 3 persoas para decidir. Nós, ao remate das eleccións, será a asemblea quen decida se pode haber pactos e con quen.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios