Venres. 19.04.2024
El tiempo

Piden a Augas solucións para as inundacións entre Baíñas e Olveira

Inundacions en Vimianzo
O río Cabral sofre inundacións continuamente
Piden a Augas solucións para as inundacións entre Baíñas e Olveira

Segundo comezan as chuvias, Vimianzo é un dos Concellos que máis sofre as inundacións. Zonas como Salto ou a propia capital sofren as crecidas dos ríos, con asolagamentos continuos. De aí que o Concello de Vimianzo presentase unha solicitude en Augas de Galicia para a realización dun estudio hidrográfico na zona do río Cabral, entre Baíñas e Olveira (Dumbría).

“É un problema que atinxe aos dous municipios, e polo tanto solicitaremos a Augas de Galicia unha reunión para poder, de maneira conxunta e coordinada, solventar dunha vez por todas este grave problema”, sinalan os rexedores de Vimianzo e Dumbría, Mónica Rodríguez e José Manuel Pequeño, que visitaron a zona con técnicos de Augas.

O cauce do río Cabral, debido á maleza que presenta nos seus bordos, fai que se produzan desbordamentos que afectan a máis dun quilómetro da vía, e imposibilitando o tránsito tanto de maquinaria pesada como de vehículos convencionais, co conseguinte desvío do tráfico e a problemática que isto implica para a veciñanza.

Visita as zonas de inundacion de Vimianzo con Augas

Estrada de Baíñas

Paralelamente, o Concello de Vimianzo proxecta a mellora na estrada de Baíñas a Olveira con actuacións tanto na súa plataforma como nos elementos de drenaxe. Haberá que agardar á primavera para comezar as obras, pero o proxecto xa está en fase de redacción. O tenente de alcalde, Víctor Muíño, anuncia “medidas provisionais” na zona para “tratar de paliar os efectos das obras executadas polo goberno anterior, que lonxe de subsanar os problemas, incrementáronos”, subliña.
A idea é aplicar ata doce centímetros de asfalto nunha zona na que o anterior non contemplaba un grosor suficiente, tan só de catro centímetros, feito polo cal presenta un deterioro considerable.

Comentarios