Venres. 29.03.2024
El tiempo

O renovado Edificio da Torre será destinado a fins culturais e asociativos

Edificito da Torre de Vimianzo
Antes (arriba) e despois (abaixo) no edificio da Torre de Vimianzo
O renovado Edificio da Torre será destinado a fins culturais e asociativos

Remataron as obras mellora no edificio da Torre, á entrada do municipio, e adicará este espazo a fins culturais, onde xa se habilitou un aula para albergar clases de pintura. O proxecto contou cun orzamento total de 126.568, 53 euros.

O edificio estaba enfocado como un almacén e presentaba un deterioro importante na súa estrutura, sendo de titularidade municipal pero de escasa utilidade, máis que para acumular no seu interior materiais en desuso.

Con este novo enfoque daráselle unha vida na que as asociacións culturais e a veciñanza en xeral serán protagonistas, e que será unha das referencias de todo o municipio. Procedeuse á execución do recibidor en madeira maciza, habilitáronse os baños para persoas con mobilidade reducida, cambiáronse os materias de chans e teitos e aínda queda por executar as tarefas de xardinaría.

Comentarios