Luns. 13.07.2020
El tiempo

Revolta Irmandiña: Primeiro Asalto

Revolta Irmandiña: Primeiro Asalto

Coma se dun combate de boxeo se tratase, o XVII Asalto ao Castelo vivirá este sábado a súa primeira sesión cunha novedosa Gala-Casting. Faino despois de que o pleno vimiancés aprobara, por unanimidade, solicitar a declaración de Festa de Interese turístico, e coa intención de presentar todas as novidades da festa deste curso.

Así, este sábado 2 de xuño ás 22.00h, a Casa de Cultura de Vimianzo acollerá esta impredecible cita á que acodirán xentes de toda a bisbarra a disfrutar, e participar por igual. As asociacións organizadoras, Cherinkas e Axvalso, presentarán o cartel, as bandas, o merchandising... ademais proxectarán os primeiros e tolos vídeos de promoción (aquí vedes o trailer), e, sobre todo, escollerán a moitos dos actores (irmandiños e nobles) que realizarán a representación festexeira-histórica do gran día da Festa, o sábado 7 de xullo. Todo envolto na maxia do teatro, música, humor e sorpresa



A Cea Medieval e a Feira Artesanal

O éxito da Cea Medieval que se adoita celebrar na véspera do Asalto é indiscutible. O entorno no que se sitúa a cea, o foxo do castelo, é o maior atractivo que converte este evento nun dos máis desexados da comarca. As entradas hanse poñer á venda por 20 euros o venres 1 de xuño na Casa da Cultura e na Administración de Lotería da vila nos seus horarios de apertura. Sairán á venda 150 pases, pois o resto xa foron compradas por organizadores, colaboradores e patrocinadores. Cada persoa poderá retirar un máximo de catro entradas.

Ademais, trala boa acollida da Feira Artesanal do ano pasado a Organización repite experiencia para axudar a converter o centro de Vimianzo nunha auténtica vila medieval. Encadrada no programa de actividades do Asalto ao Castelo, volverá a ter cabida na praza do Concello e ao longo da rúa Vázquez Mouzo. Actualmente xa hai numerosas inscricións polo que se prevé superar o número de postos do ano pasado.
Os interesados en participar, sinalar que a participación é de balde e poden formalizar a inscrición a través da páxina web do asalto www.asaltoaocastelo.org.

Máis información

Novas irmandiñas

  • Asalto 2011: A nova historia do Asalto en vídeo: A Lenda do Aforcado.
  • Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
  • Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
  • Máis novas festivaleiras

    Fonte

    • Nota de prensa do Secretario da A.X. Cherinkas, Óscar Santos.

    comentarios