Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Rouban a campá da Capela de Monte Torán

Rouban a campá da Capela de Monte Torán
capela-de-monte-toran-sen-campa-1 A Capela de Monte Torán quedou sen campá

Sen campá quedou a Capela de Monte Torán, en Bamiro, Vimianzo. O novo cura da parroquia, Don Alejandro recibiu a nova o pasado día 28, cando o chamou un veciño que pasea todos os días pola zona avisando de que a campá non estaba. O propio párroco tomouno como unha inocentada, e non le deu importancia, pero esta mañá pasou polo lugar e comprobou a mala nova.

A capela está moi alonxada das casas, polo que tiveron tempo para “traballar”. Estes roubos adoitan ter a intención fundir a peza e vender o bronce. En todo caso, non era unha campá moi grande. Iso si, “botáronlle valor, porque ese teito mete medo”, comentaba o párroco en alusión ao estado ruinoso. Precisamente o párroco pasou pola zona xunto a un arquitecto porque están preparando un proxecto de rehabilitación para ese tellado.

A Capela e a Pedra de Monte Torán forman o primeiro punto da Rúa dos Dólmenes de Vimianzo.

capela-de-monte-toran-sen-campa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios