Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Un cadro de Evaristo Martelo marca o I Simposio do Castelo de Vimianzo

Un cadro de Evaristo Martelo marca o I Simposio do Castelo de Vimianzo
Castelo de Vimianzo Esta fin de semana celébrase un simposio no que se repasará a historia do Castelo de Vimianzo Esta tarde arranca en Vimianzo o I simposio “O Castelo de Vimianzo ao longo dos séculos”  no que, ademais dun interesante programa, un dos protagonistas será un cadro de Evaristo Martelo Paumán del Nero.  O poeta, marqués de Almeiras e visconde de Andeiro, foi o último morador do castelo de Vimianzo entre finais do século XIX e comezos do XX. O cadro apareceu por casualidade, tralo contacto do seu propietario, o coruñés Ramón Eduardo Juan Sánchez co concello de Vimianzo. El atopouno nunha tenda de obxectos de segunda man da cidade herculina, depositado para a súa venda sen ningunha consideración especial. A obra mostra unha bucólica paisaxe na que o castelo de Vimianzo é o protagonista. Trala adquisición, a sinatura inconfundible de Evaristo Martelo determinou a súa autoría, ademais do estilo rexionalista e romántico propio da época. É moi interesante ver como era o Campo da Torre naquel momento e como a imaxe do castelo permanece practicamente inalterada. Esta cesión é toda unha satisfacción para o concello de Vimianzo que amosará esta xoia para Vimianzo, oculta e esquecida durante tantos anos, na inauguración do simposio desta fin de semana. Aínda quedan prazas libres para participar, inscribíndose na páxina web municipal www.vimianzo.gal.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/vimianzo-repasa-a-historia-do-seu-castelo-cun-simposio/ “Un Simposio sobre o Castelo volverá colocar Vimianzo como capital do patrimonio” — Que pasa na costa “O Simposio do Megalitismo reclama máis políticas para coidar o patrimonio” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios