Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un ferido en Castrelo na primeira tormenta do outono

Un ferido en Castrelo na primeira tormenta do outono
A tormenta desta mañá deixou danos en varios puntos da Costa da Morte A tormenta desta mañá deixou danos en varios puntos da Costa da Morte A tormenta de choiva e aire que caeu esta mañá sobre gran parte da Costa da Morte saldouse cun ferido no lugar de Castrelo, en Vimianzo. Ao parecer, un veciño estaba esta mañá diante do ordenador cando un raio entrou na súa casa e o tirou uns dous metros cara atrás. O ferido tivo que se traslado ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee polo forte dor que tiña nun brazo e no pescozo. Os raios tamén deixaron a súa pegada na carreteras como o burato que se aprecia na imaxe. Ademais destas, a intensa choiva desta mañá causou outras incidencias na bisbarra: caídas de pólas e acumulacións de auga nas estradas. No resto da comunidade, o servizo de Emerxercias 112 rexitrou un total de 378 incidencias entre as 08:00 horas horas de onte e as 11:00 horas de hoxe), relacionadas coa meteoroloxía adversa que, dende onte afecta á comunidade.  A maioría das intervencións, un 43%, estiveron relacionadas coa caída de árbores e ramas, e, en menor medida, (un 13%) coa acumulación de auga en estradas e anegamentos en rúas, baixos comerciais e vivendas. Por provincias, a mais afectada foi a de Pontevedra, con un 43% de incidencias rexistradas, seguida de A Coruña cun 35%, Ourense cun 14% e un 7% para Lugo. En canto ós concellos mais afectados están o de Padrón, Rianxo, Arzúa e Santiago de Compostela na provincia de A Coruña; Bueu, Cangas, Vigo, Vilagarcía e O Porriño na de Pontevedra. En Ourense, Castro Caldelas, Ramirás y Ourense, e, por último en Lugo, os de O Saviñao, Palas de Rei e Lugo. Aínda así, ningunha das intervencións, afortunadamente, revestiu Previsión para mañá Previsión metereolóxica para mañá 6 de outubro Previsión metereolóxica para mañá 6 de outubro Segundo o parte metereolóxico de 4gotas.com mañá martes haberá que desviar a mirada cara a costa onde haberá mar de fondo con ondas de entre 3 e 6 metros de altura.
  1. Un raio puido ser o causante de esnaquizar o Cruceiro do Cabo Fisterra
  2. O raio que apagou o Faro(17.5)
  3. O Cruceiro Le Soleil volve facer o #tocoemarcho na Costa da Morte(16.1)
  4. O cruceiro escoltado de Corme(14.7)
  5. O Cruceiro de papel(13.8)

Comentarios