Martes. 23.04.2024
El tiempo

Un mozo resulta ferido de gravidade despois de salirse da vía en Vimianzo

Un mozo resulta ferido de gravidade despois de salirse da vía en Vimianzo
Un mozo resultou ferido de gravidade, segundo informa o 112, despois de sairse da vía e envorcar o vehículo que conducía pola AC-441 ao seu paso polo municipio de Vimianzo. O suceso tivo lugar pouco antes das seis da madrugada. Foron os veciños da zona os que alertaron aos equipos de emerxercias solicitando asistencia para o conductor ferido de gravidade. Ata alí desprazouse persoal sanitario que trasladaron ao mozo ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Ademais, foron informados os bombeiros, aínda que descartaron intervir en canto confirmaron que o mozo estaba liberado e accesible, e ao persoal da Axencia Galega de Infraestruturas, xa que, segundo indicaron os axentes da Garda Civil de Tráfico, o vehículo levou por diante varios paneis e mesmo puido causar danos nalgunha casa.

Onte á tarde tamén se producía un pequeno incidente en Zas. Concretamente durante os festexos da romaría da Santa Margarida de Muíño. Ao parecer, un home resultou atropelado ainda que non houbo que lamentar feridas importantes.

Novas relacionadas

“Novo accidente mortal na costa do Carrizal” — Que pasa na costa “Un accidente de dous camións corta a AC552 durante varias horas” — Que pasa na costa “Falecen dous irmáns de Carnota nun accidente de tráfico” — Que pasa na costa “Aparatoso accidente en cadea en Laxe” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios