Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Un outono Rebuldeiro para os pequenos e cultural para maiores de Vimianzo

Un outono Rebuldeiro para os pequenos e cultural para maiores de Vimianzo
Programacion outono concello vimianzo

A Concellaría de Cultura do Concello de Vimianzo presentou a programación teatral do Auditorio da Casa da Cultura para os meses de outubro, novembro e decembro. Na selección de obras destacan as máis representativas do panorama galego actual. Algunhas delas chegan a Vimianzo despois de colleitar un enorme éxito internacional.

Así, unha vez máis achegaranse a Vimianzo figuras da talla de Antonio Durán-Morris, Federico Pérez, Mercedes Castro, María Vázquez, César Cambeiro, Adrián Ríos, Patricia Pérez, Toño Casais, Atur Trillo, etc.

As representacións dos sábados, destinadas a adultos, serán ás 21:00h

Outono Rebuldeiro

O público infantil e familiar tamén ten o seu oco nesta programación co Outono Rebuldeiro

O 7 de outubro A xanela do Maxín, achegaranos As aventuras de Gale, un espectáculo de monicreques e música que nos axudara a comprender a importancia de poder gozar da música, dos libros ou dos poemas creados en galego.

O 21 de outubro será a quenda de Muíñada de Galeatro. Conta a historia dun mozo e unha moza que por un malentendido coa quenda se atopan nun muíño de auga. Ó ver que os dous non poden moer o mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para a Galicia do século XX; o muíño de auga

O 4 de novembro chegará Forzu2 de Circo Chosco, un espectáculo no que dous atletas fan trucos imposibles diante do público.

O 2 de decembro pecharase a programación co espectáculo familiar de Pistacatro, Outono, unha homenaxe aos pallasos clásicos contada a través dunha compañía de clowns.

Ademais hai programadas destinadas aos centros de ensino, o 23 de outubro Paco Nogueiras traerá o seu Radio Bule Bule, o 24 de outubro Oviravai representará Vaioviravai! E o 25 de outubro Pakolas cantará as cancións do seu espectáculo As parábolas de Pakolas.

As domingos, destinadas ao público familiar, serán ás 18:30 h.

As infantís serán todas de balde, agás Outono na que pagarán só os adultos.

Estará á venda un bono para os 9 espectáculos por 32€ e haberá descontos para maiores de 65 anos e para estudantes.

Comentarios