Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha #AxendaCostadaMorte audiovisual

Unha #AxendaCostadaMorte audiovisual
Cargada vén, coma sempre, a #AxendaCostadaMorte en quepasanacosta.gal/axenda, para esta fin de semana do 6, 7 e 8 de abril. E como cada vernes, facemos un repaso conciso acompañado do parte meteorólico, para sabermos que temos que levar posto.

Parte meteoróxico

Dende Meteogalicia cóntanos como vai ser esta fin de semana, unha fi de semana revolta e de chuvascos: Seguimos cun tempo inestable. O xoves foi o único día da semana seco, pero pola noite xa entrou unha fronte, que deixou chuvias, que continuarán durante a mañá do venres. A tarde será bastante tranquila con vento do sur, lixeiro, sen cambios de temperatura. O sábado será un día de chuvascos intermintentes, no que tamén poderemos ver nalgún momento o sol, tanto pola mañá como pola tarde. Pero no mar tamén haberá un día inquedo. A mañá dominical será gris, con moita humidade e algún orballo, e pola tarde será vento frío do norte, con ventos fortes, saraibas. Non parece que cambie a cousa de aquí a pouco tempo pois a próxima semana vén moi parecida, cun pouco de todo, pero sen termos noticias da case esquecida “tranquilidade meteorolóxia”.

Carballo Interplay

Carballo é esta fin de semana a capital estatal do audiovisual. O Festival de contidos dixitais máis importantes de España convirte Carballo nun fervedoiro cultural, con días de charlas, obradoiros, e proxeccións das webseries máis impactantes dos últimos tempos.

Outras citas

 

Exposicións

  • A Tenda Turística Stoupa de Cee acolle durante o mes de marzo unha exposición de arte xaponesa da muxiá Yano Yoro.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Ademais ata o mes de abril hai unha exposición de Esther Ferreiro.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha Mostra de Traxe Tradicional, e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

Máis información

Fonte

Comentarios