Martes. 23.04.2024
El tiempo

Vimianzo abre un servizo de entrega a domicilio para persoas en vulnerabilidade

89561623_2957033331002467_5830502517607235584_n
89561623_2957033331002467_5830502517607235584_n
Vimianzo abre un servizo de entrega a domicilio para persoas en vulnerabilidade

Outro dos concellos que abre un sistema para intentar axudar ás persoas que, confinadas na casa, están e especial situación de risco e vulnerabilidade é o de Vimianzo. O Concello pon un servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade, a ter en conta alimentos e medicamentos como prioridade.

Desde o Concello rogan facer un uso responsable deste servizo, para poder atender correctamente á veciñanza que máis o precisa. Os horarios de atención telefónica será de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

Os principais teléfonos de atención ao público serán o do Concello, o 981 71 60 01, en horario de 9:00 a 14:00 horas; Servizos Sociais 981 70 74 26, en horario 9:00 a 14:00 horas. Fuera de este servicio, Protección Civil no 648 24 02 17 e Policía Local no 617 48 48 52.

Comentarios