Xoves. 04.06.2020
El tiempo

Vimianzo achega ás familias copias de tarefas escolares para non perder o ritmo escolar

Vimianzo achega ás familias copias de tarefas escolares para non perder o ritmo escolar

O Concello de Vimianzo pon en marcha o servizo de impresión de copias de tarefas escolares e outros documentos para evitar que o confinamento afecte o menos posible ao desenvolvemento da actividade académica.

Esta acción antóllase vital en moitos fogares dos vimianceses e vimiancesas. Esta documentación entregarase garantindo a seguridade nos enderezos que nos indiquen as persoas interesadas a través do correo electrónico [email protected]" [email protected] ou no teléfono 663 67 61 26 a través do servizo de mensaxería instantánea Whatsapp.

Fenda dixital

Ofertarase namentres dure o período de confinamento como medida de loita contra a fenda dixital, conscientes de que non todos os fogares do municipio dispoñen de sistemas de impresión ou de conexión para acceder aos contidos dixitais necesarios para o desenvolvemento de actividades académicas obrigatorias.

Tamén acolle este servizo de impresión as copias de actividades dos obradoiros de memoria para persoas maiores, que se entregarán nos fogares das usuarias e usuarios que asistían semanalmente. Este servizo ampliarase a persoas maiores que o desexen e o comuniquen no Concello.

comentarios