Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo acondicionará os accesos aos Petroglifos de Boallo

Estrada Petróglifos Boallo
Estado da estrada dos Petróglifos Boallo
Vimianzo acondicionará os accesos aos Petroglifos de Boallo

A estrada dos Petróglifos de Boallo será acondicionada no marco do proxecto de reparación das estradas municipais do Concello de Vimianzo. O Concello vén de licitar a execución destas obras, con cargo ao Plan de Mellora de camiños municipais 2020/2021 do AGADER, cun orzamento total de 60.013,58 euros. As empresas teñen ata o 25 de marzo para presentar ofertas.

A estrada conta con 560 metros de longo, e na estrada Treos-Colúns, cunha lonxitude de 1.420 metros. Realizarán a apertura e refino de caixa para a posterior construción do firme de zahorra. Contémplase tamén escavación das cunetas en ámbolos dous lados en toda a lonxitude da ctuación, así como a instalación de tubo de 40 centímetros de diámetro para a formación das entradas ás fincas.

Comentarios