Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo aproba un orzamento de máis de cinco millóns de euros para o 2017

Vimianzo aproba un orzamento de máis de cinco millóns de euros para o 2017
antelo-e-mancebo-vimianzo Manuel Antelo e Fernando Mancebo nun momento do pleno celebrado onte As contas do concello de Vimianzo para o próximo ano ascenderán a 5.194.573,17€ tal e como se aprobou no pleno extraordinario celebrado onte. Os orzamentos do 2017 sairon adiante cos votos de Adiante Vimianzo e coa abstención dos membros da oposición formada polo PPdeG, PSdeG e IxVimianzo. Segundo explicou no pleno o concelleiro de Facenda - Fernando Mancebo -, "estes orzamentos veranse incrementados con posterioridade xa que non recollen as achegas que fará a Deputación da Coruña a través do POS+". O goberno cualifica estes orzamentos de realistas e adecuados para facer fronte aos gastos do concello. O obxectivo que se marca o goberno liderado por Manuel Antelo a curto prazo é non ter que facer durante o ano 2017 recoñecementos extraxudiciais de crédito para dispoñer de todo o orzamento e non ter que destinalo a pagar facturas de anos anteriores. Da cantidade total, 1,3 millóns de euros adicaranse a inversións e 717.ooo€ á área de Benestar. O de Vimianzo, é xunto co de Carballo, un dos primeiros concellos da Costa da Morte en aprobar os orzamentos para o vindeiro ano. No pleno carballés aprobaronse uns orzamentos que ascenden a 25,5 millóns de euros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios