Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Vimianzo aproba por unanimidade conceder unha subvención nominativa a Protección Civil

No consistorio vimiancés estiveron presentes, e sempre en cumplimento das normas sanitarias, a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Servizos Sociais, María José Pose; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez e a concelleira de Cultura, Rosa Blanco.
Vimianzo aproba por unanimidade conceder unha subvención nominativa a Protección Civil

O primeiro pleno telemático do Concello de Vimianzo celebrado o pasado 24 de abril, aprobou por unanimidade a concesión dunha subvención nominativa á agrupación de Protección Civil, así como a aprobación do plan económico- financieiro cos votos favorables do grupo do goberno e a abstención do PP de Vimianzo e de Adiante Vimianzo.

Na quenda de rogos e preguntas, saeu a colación o punto de axudas a comerciantes e hostalería, no que se chegou ao acordo de achegar economicamente en todo o posible, pero sempre e cando esteamos amparados pola lei.

O Pleno serviu para lembrarse dos maiores, que estes dáis debería ter disfrutado do XIX Xantar dos Maiores.

Os e as edís acordaron destinar as dietas de asistencia deste pleno integramente para Cáritas Vimianzo e Cruz Vermella.

Comentarios