Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Vimianzo arma un Nadal pensado para os máis pequenos

Vimianzo arma un Nadal pensado para os máis pequenos
Nadal Vimianzo 2018 Programa

A Gala Solidaria será un perfecto pistoletazo de saída para un completísimo Nadal no Concello de Vimianzo. Este domingo 16 a Casa da Cultura encherase de música, regueifa e humor para abrir o nadal.

As actividades continuarán ao longo da semana, pensadas para os máis pequenos, coas visitas do Apalpador, Papá Noel e Reis Magos. De feito, haberá videoconferencia e animación de rúa con Papa Noel, a visita do Apalpador (o 26 ás 12:00h na Casa da Cultura); a chegada dos Bolechas, ou a Festa Infantil de Fin de ano.

A Festa de Nadal será o 23 de decembro, e servirá para facer entrega dos Concursos de Nadal nunha cita amenizada por Xoán Curiel. E como non, xa o 5 de xaneiro, a Cabalgata de Reis, que percorrerá todas as parroquias saindo ás 10:00h do xeriátrico e voltando 19:45h á recepción na praza do Concello.

Para os maiores, para os máis deportistas, non falla, e xa vai pola 10ª edición, o Duatlón cros de Reis, unha proba xa fixa, que desta volta se traslada ao 13 de xaneiro.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/musica-regueifa-e-humor-na-gala-solidaria-de-vimianzo/

Comentarios