Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Vimianzo busca aos mellores contacontos da bisbarra cun gran concurso

Vimianzo busca aos mellores contacontos da bisbarra cun gran concurso

Novedoso o certame que está a argallar o Concello de Vimianzo. Son os seus hostaleiros, no marco xornadas Vimianzo gastronómico. Compartimos Primaver, os que queren buscar aos mellores contacontos, ou monologuistas, da bisbarra para amenizar as noites dos venres nos bares de copas.

Así a proposta pretende descubrir talentos en persoas de todas as idades (sempre maiores de idade) en Vimianzo e contorna. Haberá certame individual e colectivo, e levará 300€ a Mellor actuación e 100€ as mellores individuais e colectivas. Ademais o máis popular a través do Facebook recibirá un premio de 50€.

Desenvolvemento

Unha vez rematado o prazo de inscrición organizaranse as actuacións dos participantes no concurso repartíndoas entre os establecementos organizadores. En principio, estas actuacións repartiranse entre os venres comprendidos entre o 25 de maio e o 24 de xuño, contemplando inicialmente que cada participante actúe dúas veces.
Comunicaráselle a cada participante en que locais lle toca actuar e en que datas, buscando a súa dispoñibilidade. Os tres finalistas en cada modalidade (individual, colectiva) deberán actuar na Casa da Cultura, onde se procederá a coñecer os gañadores dos catro premios. Cada actuación terá unha duración comprendida entre os 15 e os 30 minutos.

Na primeira fase os asistentes recibirán unha papeleta por consumición para a valoración de 1 ao 10 que se introducirá nunha urna ao remate da intervención. Estes impresos serán recollidos polo xurado, que establecerá a media de puntuación para cada participante. Os tres concursantes que reciban a mellor puntuación do público en cada modalidade, participarán na gala final que terá lugar na Casa da Cultura.
Despois desa primeira fase, ao Facebook. E a 3ª será a propia Gala, onde o público tamén votará a través da papeleta.

Máis información e inscrición

Efectuaranse ata o 25 de maio eno 981 716 001, ext. 220; en [email protected] ou persoalmente nas oficinas do Concello e nos establecimentos organizadores.
Establecimentos que non son outros (merecen sempre unha especial atención por dinamizadores), que os Celme Café, Bar A Rúa, Pizzería Hilton, Pub Mehari, Bar O Agocho, Cervecería Quilmes, Bar O Regueiro e Casa Landeira.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios