Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Vimianzo conmemora o día dos Monumentos e Sitios cun completo programa de actividades

Vimianzo conmemora o día dos Monumentos e Sitios cun completo programa de actividades
castro-barreiras-vimianzo castro-barreiras-vimianzo Con motivo do día internacional dos Monumentos e Sitios desigando pola UNESCO, que se celebra hoxe, o concello de Vimianzo únese a esta conmemoración con varios actos que se suman á súa aposta por poñer en valor o patrimonio como ferramenta social, cultural e desenvolvemento local. Así, ademais das visitas que realizan estes días os centros escolares e as distintas asociacións culturais da comarca, hoxe o alumnado do CEIP de Baíñas pasará unha mañá gozando dos “monumentos e sitios” máis destacados da capital municipal. Coñecerán o xacemento arqueolóxico do Castro das Barreiras, en plena escavación, o castelo e a súa artesanía ao vivo, e finalmente o pazo de Trasariz. As visitas escolares nas Barreiras están sendo todo un éxito, creando sinerxías co castelo de Vimianzo e os batáns do Mosquetín, xa está ocupada a axenda practicamente durante todo o que queda de mes. Mañá xoves, ás 17:00 horas, realizarase unha nova visita aberta ao Castro das Barreiras, para coñecer o avance das investigacións arqueolóxicas, explicado polo propio director da campaña Ángel Concheiro. Para participar, hai prazas limitadas, polo que se require inscrición previamente a través do correo electrónico [email protected] ou ben chamando ao 981 716 001 en horario de mañá. Para o venres 20, haberá unha conferencia ás 20h na Casa da Cultura baixo o título “Patrimonio, espello de nós”. Trata de aproximarnos ao concepto de ben cultural como herdanza compartida, desde as súas orixes aos nosos días. Falarase dos novos retos do patrimonio, o seu valor e uso, e da súa relación coa identidade dos pobos e ponte entre culturas nun mundo cada vez máis globalizado. Ese mesmo día o concello participará en Barcelona no B-Travel, Salón Internacional de Turismo de Cataluña. Convidado pola Deputación da Coruña, o concello de Vimianzo presentará a súa liña de traballo de promoción do patrimonio, neste caso falarán das industrias e oficios tradicionais, como a artesanía que se elabora no castelo e o conxunto etnográfico do Mosquetín. A presentación terá lugar ás 12:45 horas “A industria antes da súa revolución, a tradición como revulsivo turístico dun entorno rural. O caso de Vimianzo, Costa da Morte, Galicia". Xa para finalizar a semana, presentarase na Casa da Cultura, o luns 23 ás 12:00 horas, a exposición "Celebramos o noso patrimonio", organizada desde a biblioteca municipal de Vimianzo coa colaboración da Biblioteca Provincial da Coruña. Unha mostra bibliográfica e fotográfica na que se reúnen estudos e escritos sobre a riqueza patrimonial do concello vimiancés postos a disposición dos usuarios.

Escoliña de arqueólogos

Mentres, no marco do programa de divulgación #AbrirAsBarreiras do Concello de Vimianzo xa contan con visitas escolares para fomentar o amor polo Patrimonio dende cativiños. Onte foron os nen@s do CEIP Labarta Pose de Baio - Zas.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/castrodasbarreiras/videos/194404737719240/?t=11" width="700" height="400" onlyvideo="1"]  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios