Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Vimianzo convoca unha xuntanza aberta aos veciños sobre a modificacións urbanísticas en Bamiro, Tines e Treos

Vimianzo convoca unha xuntanza aberta aos veciños sobre a modificacións urbanísticas en Bamiro, Tines e Treos

Este martes 24 de abil, ás 19:30h na Casa da Cultura de Vimianzo, terá lugar unha xuntanza aberta, convocada polo Concello, para explicar todo o relacionado coa Modificación puntual número 6 que afecta á redelimitación dos núcleos das parroquias de Bamiro, Treos e Tines. Unha cita que de seguro será tensa, despois do derrubamento da casa de Evaristo Blanco en Bamiro.

Técnicos da Deputación, os encargados de redactar o proxecto, serán os que atendas as dúbidas dos veciños sobre esta redilimitación das Normas o Goberno municipal para adaptar a realidade urbanística da zona, nada menos que as Normas subsidiarias do Concello de Vimianzo, aprobadas no ano 1994.

Esta Modificación Puntual nº 6, que se atopa no período de consultas públicas para a avaliación ambiental estratéxica, pretende reordenar as zonas das tres parroquias de Bamiro, Tines e Treos nas que se pode construír co obxectivo de “optimizar o espazo e de incorporar á legalidade urbanística ao maior número posíbel de construcións”. Non se aumenta nin se disminúe a superficie urbanizable dos núcleos, pero si intenta modificala para evitar que haia parcelas que non son suficientemente grandes para urbanizar. Deste xeito, máis do 90% das construcións das parroquias están dentro da legalidade.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios