Xoves. 04.06.2020
El tiempo

Vimianzo entregou 3.000 mascarillas, porta a porta, para a veciñanza

Vimianzo entregou 3.000 mascarillas, porta a porta, para a veciñanza

O Concello de Vimianzo efectúa o reparto de mascarillas en máis de 3.000 fogares en do municipio en dous días. O equipo, conformado por 24 persoas e entre as que se encontran os concelleiros do grupo de goberno, Policía Local, Protección Civil, traballadores municipais e voluntarios foron as encargadas de ir porta a porta para entregar o material. 

Fíxose entrega tamén deste material nos negocios, nos centros sanitarios, ás persoas que integran os equipos de seguridade e ás traballadoras do SAF, coas que se está en constante contacto para a renovación periódica deste material, xa que son un dos colectivos que máis expostos está á expansión do virus. 

Onte, luns 13 de abril cubríronse na práctica totalidade as parroquias do Concello, deixando para hoxe o núcleo urbano do municipio. Para estas tarefas, a vontade da Policía Local, Protección Civil, traballadores municipais e voluntarios foi fundamental.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinalou a “total vontade do meu equipo para efectuar un traballo indispensable. Repartimos en máis de 3.000 fogares de Vimianzo mascarillas en dous días e fixémolo nós directamente, porta a porta, para asegurarnos de que lle chegaban a todo o mundo. Quero dar as gracias ao meu equipo de goberno, á Policía Local, Protección Civil, traballadores municipais, voluntarios, Servizos Sociais e como non, á veciñanza, porque amosamos unión nun momento tan difícil. Estamos xuntas e xuntos na loita contra o coronavirus, e sin dúbida imos vencer”, apuntaba a rexedora. 

comentarios