Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vimianzo estrea punto limpo

Vimianzo estrea punto limpo
inauguracion-punto-limpo-vimianzo Esta mañá inagurouse o Punto Limpo ubicado no parque empresarial de Vimianzo A Costa da Morte deu hoxe un novo chanzo no que se refire a xestión ambiental. O concello de Vimianzo vén de inaugurar un punto limpo onde todos os veciños e veciñas empadroadas no municipio poderán depositar - de forma gratuita - os seus refugallos co fin de que éstes reciban o tratamento debido A instalación está situada no parque empresarial de Vimianzo e abrirá os xoves de 9 a 13 horas e de 15 a 17 horas e os sábados de 10 a 14 horas. Concurso punto-limpo-vimianzo O punto limpo de Vimianzo abrirá os xoves durante todo o día e os sábados pola mañá Ademáis, o concello vimiancés puxo en marcha un concurso por medio do cal se sortearán catro premios mensuais entre todas aquelas persoas que depositen os seus residuos no Ppunto limpo. Serán dous premios de 50€ para gastar en establecementos comerciais de Vimianzo e dous premios de 50€ para gastar en restaurantes. Aquelas persoas que teñan que depositar algún residuo voluminoso e non poidan trasladalo ao Punto Limpo poden chamar ao teléfono 698148504 e - con periodicidade mensual - pasarán a recollerllo no seu domicilio de maneira totalmente gratuita. Para o alcalde, Manuel Antelo, a apertura do Punto Limpo marcará un antes e un despois no tratamento dos residuos no Concello de Vimianzo. Éste é un dos primeiros primeiro pasos dunha estratexia moito máis ampla na que traballa o goberno municipal dende fai tempo coa que pretende, por unha banda, reducir os importantes custos destinados ao tratamento do lixo, e por outra, contribuir ao coidado do Medio Ambiente fomentando a reciclaxe e evitando os vertedoiros incontrolados. Novas relacionadas Fonte

Comentarios