Venres. 04.10.2024
El tiempo

Vimianzo exporta e importa experiencias laborais europeas en Sicilia

Vimianzo exporta e importa experiencias laborais europeas en Sicilia
Delegacion vimiancesa en Sicilia no marco do proxecto ERN4mob Delegación vimiancesa en Sicilia no marco do proxecto ERN4mob

Segue percorrendo Europa o nome de Vimianzo gracias ao programa da Rede Europea para a movilidade da man de obra rural (ERN4mob). A delegación vimiancesa responsable xa estivo en Polonia emais en Irlanda, exportando as boas prácticas en materia laboral a pequena escala. Desta volta, estes días (do 8 ao 11 de marzo), están na cidade siciliana de Petrosino, compartindo experiencias con delegacións de Eslovaquia, Irlanda, Polonia, Portugal e Galicia.

Alí están o alcalde Manuel Antelo, e da que tamén forma parte a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Ensino, María José Ramos.

O encontro estará dedicado á análise das cuestións derivadas da migración de traballadores estranxeiros na Unión Europea e fóra dela, en busca dun emprego. Os relatores e grupos de traballo que participan na xuntanza, abordarán os distintos aspectos relacionados co emprego de persoas estranxeiras: a dificultade de inserción, a calidade das relacións coas persoas do lugar onde atoparon emprego, o tipo de actividades de traballo nas que atoparon oportunidades de emprego ou a planificación de accións para promover a acollida coa finalidade de promover a súa integración na sociedade.

As mellores prácticas, traballos en grupo sobre a identificación dos servizos necesarios para a mellora da rede e a definición do novo plan de acción, son algunhas das actividades para estes días.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios