Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo formula un ciclo de formación dixital para empresari@s

Vimianzo formula un ciclo de formación dixital para empresari@s
Dende o Concello de Vimianzo están organizando un ciclo formativo enfocado ao empresariado e entidades e centrado, principalmente, no comercio e tramitación electrónica. A importancia da Internet como un medio de venda e de xestión xa é unha realidade presente na nosa sociedade, polo que consideramos que é preciso dar o salto e coñecer as posibilidades que a rede nos brinda. Noutras verbas, xa é o momento de estar e saber empregar as ferramentas existentes.

Son cursos de balde pero as prazas son limitadas. A inscrición pódese realizar ata o 10/10/2018 no departamento de Promoción Económica do Concello de Vimianzo (tel. 981 716 001) ou na web da Aula CeMIT, para o que tes que estás rexistrado pola web, deberá ser usuario da rede CeMIT (alta de novo usuario). As xornadas formativas serán as seguintes: 1) PRESENZA NA INTERNET, COMO? Lugar: Sala de conferencias (Casa da cultura de Vimianzo) Día: 11/10/2018 Hora: 19.30 - 21.30 h Destinatarios/as: preferentemente, representantes de asociacións e empresas 2) VENDER POR INTERNET Lugar: Sala de conferencias (Casa da cultura de Vimianzo) Día: 15/10/2018 Horario: 19.30 - 21.30 h Destinatarios/as: preferentemente, comerciantes, artesáns, produtores e empresas de servizos 3) FACTURA ELECTRÓNICA Lugar: Aula CeMIT (Casa da Cultura de Vimianzo) Día: 16/10/2018 Horario: 19.00 - 22.00 h Destinatarios/as: preferentemente, empresariado que se relaciona coa administración pública 4) LICITACIÓN ELECTRÓNICA Lugar: Sala de conferencias (Casa da cultura de Vimianzo) Mes: 18/10/2018 Horario: 19.00 - 22.00 h Destinatarios/as: preferentemente, empresariado que se relaciona coa administración pública

Comentarios