Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo grava a súa primeira curtametraxe

Vimianzo grava a súa primeira curtametraxe
O interiores e o exteriores do concello de Vimianzo serán o escenario elixido para a gravación da curta titulada "Lúcido: diario de soños", na que Mateo, un rapaz apaixoado polo mundo dos soños, crea un diario no que anota todo o que soña, ata unha noite na que sofre unha serie de pasadelos que o fan entrar lúcido nun soño para poder superar conscientemente as adversidades. As gravacións comezan os vindeiros días en lugares como o coído de Sabadelle ou o Castro das Barreiras, entre outros espazos. A curta conta cun equipo técnico e artístico de mozos e mozas vimiancesas, que se encargarán de levar a cabo todo o proceso de gravación, desde a preprodución ata a edición da curta. Pablo Alvite, Roberto Miñones, Rut Vázquez, Raúl Parga, Eduardo Fernández e Carlos Lorenzo, todos eles estudantes ou graduados en diferentes sectores da comunicación audiovisual, encargaranse da parte técnica. Para a parte interpretativa actores e actrices amateurs tamén vimianceses; e na ambientación musical Druídas da Rolda, grupo vimiancés de música tradicional con raíces irlandesas, será o encargado da banda sonora da curta. O proxecto conta coa colaboración do concello de Vimianzo. Fonte

Comentarios