Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Vimianzo inicia unha campaña de concienciación sobre a recollida selectiva de residuos

Vimianzo inicia unha campaña de concienciación sobre a recollida selectiva de residuos
Campana de recollida de residuos do Concello de Vimianzo O Concello de Vimianzo iniciou estes días as accións que forman parte dunha campaña de recollida selectiva de residuos que ten previsto que se desenvolva até finais de ano. Esta campaña estará centrada na recollida de envases a través dos colectores amarelos. Co obxectivo de aumentar a reciclaxe repartiranse, por todas as parroquias do concello, ao redor de 400 colectores amarelos. Este reparto de colectores vai ir acompañado dunha intensa campaña de información porta por porta na que se lle explicará a toda a cidadanía como separar os distintos tipos de residuos, ligado tamén á utilización correcta do Punto Limpo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/vimianzo-estrea-punto-limpo/

Comentarios