Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Vimianzo lamenta a morte de dous veciños en Venezuela

Vimianzo lamenta a morte de dous veciños en Venezuela
 
Este pasado venres dous vimianceses eran asasinados en Venezuela. Un acontecimento que conmove a todo o Concello, e que segundo o propio alcalde Manuel Antelo debiuse a
un intento de roubo.
O Goberno do Concello quere mostrar a súa solidariedade coa familia e o seu rexeitamento a estes actos violentos.
As dúas personas asasinada tiñan previsto trasladar nun breve periodo de tempo a súa residencia de Venezuela a Vimianzo.
O Goberno municipal de Vimianzo mostra o seu pesar por estes falecementos e agarda que se investiguen adecuadamente.
En solidariedade coa familia gardarase un minuto de silencio durante a inauguración da exposición de fotografía que está prevista para hoxe ás 19,00 e as bandeiras estarán colgadas a media asta.
O Goberno municipal convoca unha concentración para mostrar a solidariedade coa familia e o rexeitamento a estes feitos para o luns ás 12,00 na Praza do Concello

Comentarios